O Concello organiza un obradoiro online para hostaleiros sobre o servizo responsable de bebidas alcohólicas
Monforte de Lemos, 12 de novembro de 2020. O Concello de Monforte, a través da Unidade Asistencial de Drogodependencias, organiza unha actividade formativa dirixida á hostalería co gallo do "Día Mundial sen alcohol", que se celebra o vindeiro día 15 de novembro.
O obradoiro, que leva por título "Ti serves, ti decides. Servizo responsable de bebidas alcohólicas" está dirixido a formar ós hostaleiros e hostaleiras no servizo responsable de alcohol. E do mesmo xeito, tamén se promove o "consumo cero" en menores.
Esta formación realízaa persoal de Espirituosos de España en colaboración coa Escola de Hostalería Belarmino Fernández e a U. A. Drogodependencias do Concello de Monforte.
Polas circunstancias actuais este ano levarase a cabo de forma online e está aberto a todos os hostaleiros de Monforte e comarca que desexen asistir.
Para asistir a este obradoiro, que se celebrará o luns 23 de novembro ás 12:00 horas, os interesados deberán enviar un correo electrónico co nome completo da/s persoa/s que desexe/n participar, así como o negocio ou negocios nos que traballan, á dirección jconversa@espirituosos.es. Unha vez rematado o obradoiro, emitirase un certificado de formación para cada asistente, e un a maiores para cada negocio ó que representen. Un día antes da celebración do curso, recibirán un enlace para conectarse directamente ó obradoiro.