Información CIM

Información CIM

centro información muller

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á  MULLER. CIM

O Concello de Monforte, a través dos servizos municipais de atención ás mulleres, detecta as dificultades, necesidades e demandas das mulleres para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, ofertando unha atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero e poñendo á súa disposición, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade. Así mesmo, combina o traballo asistencial co formativo, desenvolvendo diversos programas destinados a educar ás novas xeracións en valores que garantan a igualdade de oportunidades. O Centro de Información á Muller (CIM), xestiona a programación da concellaría, avalía as políticas de igualdade e fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o asociacionismo.

Poboación destinataria

A prestación dos servizos do CIM ten como beneficiarias principais as mulleres, aínda que os seus servizos amplíanse á poboación en xeral do concello monfortino, tanto en relación coas actividades de sensibilización, formación e campañas de prevención, como no desenvolvemento das actuacións recolleitas no Plan de Igualdade.

Ámbito geográfico de influencia

O CIM cubre asistencialmente toda a comarca de Lemos. Atende tamén as demandas procedentes doutros concellos próximos que non contan con este tipo de recursos, e ás mulleres derivadas por outr@s profesionais desde outros municipios.

Recursos humanos do  CIM         

Unha Asesora Xurídica (Directora)
Unha Psicóloga
Unha Técnica de Igualdade 

mujerQue ofrece?

Asesoramento e asistencia psicolóxica: Atención psicolóxica, realización de valoracións e orientacións psicolóxicas, intervención individual, asesoramento, intervención en crise, derivación, realización de informes psicolóxicos naqueles supostos en que sexan solicitados por organismos públicos, prevención, realización de prácticas de grupo e talleres, intervención en asociacións, colexios...
Atención e asesoramiento xurídico: Asesoramento e orientación xurídica referida a calquera procedemento xurídico e xudicial que teñan en trámite, así como calquera tipo de información xurídica referida ao dereito de familia, violencia de xénero, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc. Así mesmo infórmaselles do dereito á xustiza gratuita.
Tamén se deriva desde aquí a outros servizos que se consideren convenientes para a usuaria.
Información de recursos e programas nas distintas áreas de intervención.

 

 

Programas

 Programa de asistencia telefónica ás vítimas

 Fomento e inserción laboral das vítimas

Máis información aquí