Actualidade

Non perxudiques a súa saúde

 

A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos está a levar a cabo unha campaña para protexer ás embarazadas fumadoras e as súas parellas do fume do tabaco co lema "Non perxudiques a súa saúde"

O obxectivo xeral deste programa de deshabituación tabáquica é promover e axudar ás embarazadas fumadoras e as súas parellas a abandonar o consumo de tabaco.

É importante captar o maior número de embarazadas fumadoras polo que estamos en coordinación con outros profesionais de diversos servizos socio-sanitarios para que as remitan ao noso centro.

@s interesad@s no noso programa de deshabituación tabáquica poden acudir á nosa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos ou chamar ao tlfno 982 400 495.

 Cartel campaña embarazadas e tabaco

 Díptico campaña embarazadas e tabaco exterior

 Díptico campaña embarazadas e tabaco interior

 

 

 

 

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do Boletín Familiar (Nadal 2018)

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade que dirixe Pilar Espinosa. Nesta ocasión leva por título:

“Que trasmites aos teus fillos?”Postal Nadal UAD

           Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte.(Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de Facebook.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para máis información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Otero Pedrayo s/n

MONFORTE DE LEMOS

(LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

e-mail: uad@concellodemonforte.com

Actividades de Prevención de drogodependencias curso 2018-2019

 

Iníciase un novo curso e un ano máis desde o Servizo de Prevención da UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE DE LEMOS presentamos as nosas actividades nos centros escolares de Monforte e comarca. 

Comezamos realizando talleres de prevención en Educación Primaria, cuxo obxectivo principal é fomentar hábitos de vida saudable a través do programa “ Fumatas”, centrado en información sobre o tabaco. 

En Educación Secundaria e BAC son varios temas os que desenvolvemos nos talleres: “Tabaco, alcol e outras drogas”, SIDA, Educación Afectivo-sexual... 

Como sempre estamos a disposición de todas as ANPAS e asociacións que desexen información sobre algún tema que nos expoñan, relacionado co noso campo. 

Seguimos co noso espazo quincenal en colaboración con Radio Principal-Cadena Ser Monforte: “Prevención na casa, a mellor axuda”. 

E de forma trimestral o noso Boletín Familiar dirixido a nais e pais seguirá chegando aos colexios que colgarán nas súas webs para poder consultalos e no noso facebook e páxina do Concello. 

Todas estas actividades, unidas a outras puntuais, como mesas informativas, charlas, cursos… veñen desenvolvendo desde hai máis de 20 anos desde a UAD, e co paso do tempo o programa de prevención do consumo de drogas foise construíndo de forma progresiva, adaptándoo ás necesidades da realidade. 

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS 

Servizo de Prevención 

Para más información: Otero Pedrayo s/n 27400 – Monforte de Lemos (Lugo) 

Tlf: 982 400 495 // Fax: 982 405 172 // e-mail: ad@concellodemonforte.com 

Persoa de contacto: LUISA ASTRAY GARCIA (Educadora Social) 

e-mail: luisaastray@gmail.com

Actividades curso 2018-2019

Día Mundial da Sida

1 de DECEMBRO

Día Mundial da Sida

O lema do Día Mundial da Sida de 2018 anima a todo o mundo a coñecer o seu estado serológico“Coñece o teu estado”

 

Desde 1988, fixéronse importantes progresos na resposta á sida e, a día de hoxe, tres de cada catro persoas que viven co VIH coñecen o seu estado serológico. Con todo, e tal e como mostra o último informe de ONUSIDA, aínda queda moito camiño que percorrer, e devandito camiño pasa por chegar ás persoas que viven co VIH e non coñecen o seu estado e por garantir que teñan acceso a servizos de asistencia e prevención de calidade. 

As probas do VIH son esenciais para ampliar o tratamento e asegurarlles ás persoas que viven co VIH a posibilidade de levar vidas saudables e produtivas.

Na UAD de Monforte seguimos a traballar para ofrecerlle os usuarios e a poboación xeral da Comarca de Lemos e arredores a mellor oferta asistencial. Dentro da nosa carteira de servizos adheríndonos oProxecto de detección precoz do VIHmediante a realización de test rápidos en fluido oral. As probas realzanse de xeito totalmente anónimo e gratuito, e coa garantía de ser atendido e asesorado por profesionais expertos.

Quen debería realizar esta proba?

Todas aquelas persoas que tiveran prácticas de risco para contraer o VIH como poden ser:

  • Os homes que teñen sexo con homes e que non usaron preservativo.
  • As persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usaron preservativo.
  • As persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo.
  • As persoas que compartiron xiringas e outros materiais para inxectarse drogas.

Máis información sobre esta proba no seguinte enlace:

 

http://www.sergas.es/Saude-publica/Programa-da-proba-rapida-de-VIH?idioma=es