Unha cidade limpa

Unha cidade limpa

 

escoba de ouro

Monforte de Lemos é na actualidade unha cidade limpa. Os cambios e melloras na xestión de recollida de residuos, engadidos á concienciación cidadá sobre a necesidade de desenvolver unha correcta eliminación do lixo, fixeron posible o evidente cambio de imaxe que se fai visible con só pasear pola cidade. A eliminación da maioría dos contedores de superficie e a implantación do sistema de cubeo cambiaron a imaxe da cidade e sobre todo o ambiente nas rúas e demáis vías tanto urbanas como rurais.

 

Como consecuencia desto, Monforte de Lemos obtivo no ano 2012 dous premios cunha relación moi directa con este avance na limpeza e recollida de lixo: "APROEMA reduce e selecciona” da Asociación Profesional de Empresas Medioambientais e unha “Escoba de prata” de ATEGRUS- Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente; No 2014 Monforte recibíu unha “Escoba de ouro”             

 

escoba de prata