O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR (Novembro 2020)
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
"Como fomentar un bo uso da tecnoloxía na adolescencia"
A tecnoloxía converteuse nunha gran aliada á hora de comunicarse e de formarse. Temos moi presente o papel que está a xogar durante o COVID-19, permitíndonos estar máis preto da nosa familia e amizades, traballar desde casa e axudar aos nosos fillos e fillas a seguir os seus estudos. Pero é importante utilizala adecuadamente.
Si tedes interese en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
A partir de agora o noso Boletín Familiar editarémolo mensualmente.
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.