Recollida selectiva
A Lei de Residuos 10/1998 de 21 de abril prevé que os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes están obrigados a introducir sistemas de recolleita selectiva que permitan a reciclaxe de residuos municipais e outras formas de valorización.
A recolleita selectiva facilita a sua reciclaxe o que permite:
- Reducir o consumo de materias primas
- Aforrar auga e enerxía
- Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
- Alongar a vida útil dos vertedoiros.
O aspecto fundamental da recolleita selectiva é a selección que os cidadáns fan nos seus domicilios, locais e oficinas.
ENVASES DE VIDRO: Botellas, tarros e frascos de vidro poden ser reciclados na súa totalidade. No deben de levar tapóns nin corchos. Non se deben depositar: vasos, pratos, luces, espellos, vidro liso ou cerámica,
ENVASES LIXEIROS: Envases metálicos, plásticos e bricks.
PAPEL E CARTÓN: Residuos de envases de papel e cartón, xornais, revistas, papel, sobres, propaganda ,...non se deben depositar aquí espirais, papel plastificado, panos de mesa usados.
PILAS: Pilas, baterías e acumuladores poden ser residuos perxudiciais para o medio natural e as persoas, por iso é prioritario un procesado axeitado, empregando os colectores específicos para poder separar posteriormente os distintos materiais que ten a pila.
MEDICAMENTOS: Envases, restos de medicamentos e medicamentos usados coa súa correspondente caixa e folletos deben depositarse nos puntos SIGRE das Farmacias. Non deben ser depositados: Termómetros, Próteses, Raios X, Radiografías, Agullas, Obxectos cortantes.
RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO
O Concello de Monforte realiza unha campaña de recollida de aceite de cociña usado como iniciativa para a divulgación do depósito correcto do lixo e para o coidado do medioambiente.
A iniciativa inclúe a distribución de 3.500 unidades de Flyers, 3.500 unidades de embudos, charlas informativas e a colocación de 6 novos contenedores para depositar ese residuo. O proxecto púxose en marcha cunha subvención de 6.296,40 € concedida pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resilencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea NextGeneration UE.
O obxetivo da campaña é concienciar á poboación da necesidade de reciclar e depositar adecuadamente o lixo según a súa natureza para evitar a contaminación e propiciar o coidado do medioambiente.
Dossier "Reciclando aceite usado gañamos vida"
AVISOS SOBRE O SERVIZO
Calquera incidencia relacionada co servizo pode:
- Comunicala á empresa concesionaria (FCC) chamando ao teléfono gratuito 900 101 390 Consulta toda a información na web de FCC para Monforte de Lemos
- Comunicala a Área de Medio Natural do Concello.
SERVIZOS PORTA A PORTA
Recolleita de aparellos (voluminosos): Solicítea chamando ao teléfono gratuito 900 101 390
Recolleita cartón en establecementos comerciais (Zona Centro): Horario: A partir das 22.00h