A UAD publica o boletín Familiar do mes de Decembro

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR (Decembro 2020)

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

 

“O uso responsable de WhatsApp por menores”

 

WhatsApp é a ferramenta de comunicación instantánea con maior número de persoas usuarias. Unha aplicación que carece de controis sobre a idade de quen a usa, dámosche algúns consellos para resolver as túas dúbidas sobre a sua utilización adecuada.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

A partir de agora o noso Boletín Familiar editarémolo mensualmente.

Como sempre, estaremos á vosa  disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.