Actualidade
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Novembro 2024
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Novembro 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
“APPS QUE MOLAN" APLICACIÓNS XENIAIS
TRICO (Tecnoloxías de Relación, Información, Comunicación e Ocio) están presentes en todos os ámbitos da nosa vida. Actualmente, adultos e adolescentes dedicamos boa parte do noso tempo libre ao entretemento en liña, moitas veces pasivo (Redes Sociais, vídeos en TikTok ou curtas de YouTube, desprazamento “infinito”, etc.). Pero hai outras formas máis enriquecedoras de integrar Internet no noso lecer individual e no que compartimos en familia.
Internet pode axudarnos a gozar máis das nosas afeccións!
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com
Día Galego sen Tabaco
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Outubro 2024
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Outubro 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
AS SEIS TRAMPAS DO “EU CONTROLO”
Uso, abuso ou adicción á pornografía?
Aínda que poida parecer algo obvio e fácil de detectar, hai moitos comportamentos que se atopan na delgada liña divisoria entre o que é unha verdadeira adicción ou un mero comportamento repetitivo.
No camiño cara á adicción, hai moitas paradas distintas ao longo do percorrido que non teñen por que ser adicción. Á fin e ao cabo, non todos os que consomen pornografía se categorizan como adictos clínicos… Pero iso non implica que se vexan libres do risco que supón estar neste esvaradío camiño.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com
10 SETEMBRO Día mundial para a prevención do suicidio
En España, o suicidio é a primeira causa de morte non natural. Once persoas morren ao día por suicidio en España e outras 20 téntano.
O 10 de setembro celébrase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio. Unha xornada que ten como obxectivo centrar a atención no problema, reducir o estigma asociado a el, crear conciencia entre as organizacións, gobernos e a sociedade e reforzar a mensaxe de que o suicidio se pode previr.
Nove de cada dez persoas que se suicidan, manifestaron claramente os seus propósitos. Coñecer os sinais de alerta pode axudar ás familias e persoas achegadas a actuar antes de que sexa demasiado tarde.
A Liña 024 é unha liña telefónica de axuda ás persoas con pensamentos, ideaciones ou risco de conduta suicida, e aos seus familiares e achegados, promovido polo Ministerio de Sanidade.
Demostrouse que a existencia de liñas telefónicas de atención ás persoas con ideación suicida ten un impacto nas taxas de suicidio, véndose estes reducidos.
Cada día, numerosos profesionais especializados en prevención de suicidio e afectados lidian contra a dor en primeira liña e exercen un labor fundamental de concienciación pero hai un mes, setembro, no que este labor multiplícase en toda España con xornadas, talleres de formación e distintas iniciativas sociais no marco do Día Internacional da Prevención do Suicidio que se celebra o próximo día 10 baixo o liderado da IASP (International Association for Suicide Prevention).
Este ano aposta na súa lema por 'Cambiar a narrativa sobre o suicidio'.
Campañas para 'conectarse á vida', retos, carreiras, a 'marcha amarela', xornadas de sensibilización e formación... son moitas das iniciativas fronte ao suicidio no mes da prevención.
"ConectaTE á vida"
ElTeléfono da Esperanza (T.E.) lanzou o 1 de setembro a iniciativa "ConectaTE á vida". A acción, que levará a cabo, tanto de forma presencial como en redes sociais baixo o hastag #conectaTEalavida, ten un dobre obxectivo: "botar un cable" a outros fronte á soidade e o illamento -ambos os factores comúns de risco que poden derivar en condutas suicidas- e propoñer unha reflexión sobre que pode manternos conectados.
Tanto entidades como particulares poderán sumarse á proposta compartindo e animando a outros a compartir nas súas redes sociais unha imaxe de conexión (hobbies, unha mascota, un libro favorito, planear as vacacións...) co hastag #conectaTEalavida e a mención a un amigo/a, convidándolle a seguir a cadea e compartir a súa motivación.
Entre os influencers e caras coñecidas que quixeron sumarse a esta campaña están as cantantes Rozalén e Nena Daconte, a deportista Ruth Beitia, os humoristas Mara Jiménez e David Porto ou o presentador Miguel Aguilera, entre outros.
Actividades de prevención de condutas adictivas. Curso 2024-2025
Novamente, como é habitual o Servizo de Prevención da UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE DE LEMOS, dependente da Concellería de Sanidade do Concello de Monforte, empezaremos a traballar cos programas de prevención de condutas adictivas que impartimos en todos os centros escolares de Monforte de Lemos e outros 10 concellos (Bóveda, Carballedo, Chantada, Courel, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Saviñao e Sober).
Dentro de nosa labor de prevención, ademáis dos programas que impartimos nos centros escolares tamén realizamos diversas actividades de información e sensibilización en toda a poboación.
Nos programas escolares o noso obxectivo é proporcionar aos mozos e mozas información veraz sobre todo tipo de condutas que poidan levar consigo un problema de adicción (con e sen subsustancias) e darlles ferramentas para que poidan tomar as decisións adecuadas nos momentos de presión por parte do grupo de iguais.
A si mesmo, como sempre estamos ao dispor de pais, nais, profesorado, asociacións, poboación xeral… para toda a información que precisen, de forma presencial no noso centro, mediante Whats App (604 05 97 19), co formulario da páxina do Concello, na nosa sección: Sanidade: UAD: FORMULARIO de CONTACTO ou no noso Facebook, cunha mensaxe privada.
Os programas que levamos a cabo, entre outras actividades, son:
- “FUMATAS” – impartido no 2º ciclo de primaria.
- “DÚBIDAS? Pregunta e infórmate (Alcol e tabaco)” – para ESO e BAC.
- “O CANNABIS. SÁBELO TODO?” – para ESO e BAC
- “CANDO APOSTAS, SEMPRE PERDES (Xogo patolóxico)” – para ESO e BAC
- “CONTROLAS OU TE CONTROLAN? (Uso problemático de Internet e as Tic)” – para ESO e BAC
- Talleres sobre Educación afectivo-sexual, sobre SIDA e bulling.
Dispoñemos dunha ampla videoteca, ao dispor de todo o profesorado, con películas coa súa correspondente Unidade Didáctica que desenvolven diferentes valores para traballar en titorías.
Seguimos editando mensualmente o “Boletín Familiar” con recomendacións para as nais e país, que se pode consultar no noso Facebook ou na páxina web do Concello de Monforte. Tamén se pode atopar en moitas das páxinas web dos centros escolares.
Un ano mais teremos o taller de “Ti serves, ti decides” impartido aos futuros hostaleiros que realizan a súa formación na Escola de Hostalería Belarmino Fernández de Rosende. Este taller realízase en colaboración coa FEBE (Federación Española de Bebidas Espirituosas) e o seu obxectivo é o servizo responsable de alcol.
O noso programa radiofónico “A prevención na casa, a mellor axuda” seguirá emitíndose habitualmente todos os luns en Radio Principal Monforte.
E, por suposto, todas aquelas asociacións, ANPAS, Servizos Sociais dos Concellos, etc. que desexen algún tipo de formación ou información estamos á súa disposición.
Se desexan obter máis información sobre todos estes programas estamos á súa disposición en:
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
SERVIZO DE PREVENCIÓN
Praza da Estación - 17
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Telf. - 982 400495
Correo electrónico: uad@concellodemonforte.com
Facebook: Unidad Asistencial de Drogodependencias Monforte de Lemos
Persoa responsable:
Luisa Astray García - Educadora Social
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Setembro 2024
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Setembro 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
GROOMING, A PEOR PALABRA DO MUNDO
Coa aparición da internet e as pantallas no noso día a día, apareceron tamén novos riscos ante os cales a sociedade pode verse pouco preparada: consumo compulsivo de pornografía, sexspreading, sexting… As tecnoloxías actuais han creado un espazo para novos tipos de interacción social. Con todo, tamén expuxeron aos máis novos a novas vulnerabilidades dixitais, como a interacción con descoñecidos no grooming. Son o tipo de riscos que ameazan con aumentar máis e máis a victimización sexual dos nosos menores.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Agosto 2024
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Agosto 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
10 MITOS SOBRE A PORNOGRAFÍA
É importante desmontar os mitos do porno que poderían danar a túa vida sexual.
As falsas ideas que transmite o cinema porno poden xerar frustración nas relacións sexuais reais.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación - 17
MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Xullo 2024
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Xullo 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
A PREVENCIÓN É COUSA DE TODOS
Campaña de prevención do consumo de alcol
Queremos alertar do alto risco de consumo de alcol durante as vacacións por parte de adolescentes e xóvenes, e así mesmo dos adultos. Todos temos claro os riscos do consumo de alcol, pero non está de mais recordalos e telos presentes.
O consumo de alcol é un dos principais factores de risco evitables no desenvolvemento de máis de 200 problemas de saúde e lesións.
O consumo excesivo de alcol pode causar danos físicos e psíquicos ademais de danos sociais. O risco de sufrir estes danos é maior cando este consumo comeza na adolescencia.
REDUCIR OS RISCOS ASOCIADOS AO ALCOL É UN DOS NOSOS OBXECTIVOS
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación - 17
MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com
CAMPAÑA DE VERÁN 2024 A PREVENCIÓN É COUSA DE TODOS
Campaña de prevención do consumo de alcol
A UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS de Monforte de Lemos (Servizo de Prevención) lanza unha nova campaña na que o seu obxectivo principal é difundir os efectos negativos do abuso de alcohol. Para iso solicitamos a súa colaboración para transmitir esta información á poboación xeral, porque recordemos que a PREVENCIÓN É COUSA DE TODOS.
Queremos alertar do alto risco de consumo de alcol durante as vacacións por parte de adolescentes e xóvenes, e así mesmo dos adultos. Todos temos claro os riscos do consumo de alcol, pero non está de mais recordalos e telos presentes.
O consumo de alcol é un dos principais factores de risco evitables no desenvolvemento de máis de 200 problemas de saúde e lesións.
O consumo excesivo de alcol pode causar danos físicos e psíquicos ademais de danos sociais. O risco de sufrir estes danos é maior cando este consumo comeza na adolescencia.
RISCOS A CURTO PRAZO
Pode levar á intoxicación por alcol, que pode causar coma e mesmo a morte. Promove comportamentos de risco. Está moi relacionado cos accidentes de tráfico ou con prácticas sexuais de risco, que poden levar a contraer enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados debido a un menor autocontrol e desinhibición.
RISCOS A LARGO PRAZO
Pode provocar importantes problemas de saúde (orgánicos ou/e psicolóxicos), conflitos familiares e sociais incluso en persoas que non desenvolveron unha dependencia e non son alcólicas.
• Orgánica: hipertensión arterial, gastrite, úlcera gastroduodenal, cirrose hepática, enfermidade cardíaca, encefalopatía, cancro.
• Psicolóxicos: Trastornos do sono, agresividade, depresión, disfuncións sexuais, perda de memoria, deterioro cognitivo, demencia alcólica, psicose.