A UAD publica o boletín Familiar do mes de Xaneiro

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR (Enero 2021)

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

“COMO CREAR O TEU TABOLEIRO DE SOÑOS”

 

Taboleiro de soños, panel de visión, taboleiro de inspiración, mapa de soños, cortiza de visualización, colaxe de metas…son múltiples formas de denominar un mesmo concepto: unha representación visual e física onde plasmar todos os nosos soños.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

 https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 Como sempre, estaremos á vosa  disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.