Actualidade

1 de Decembro, Día Mundial da SIDA

Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida. Ese día xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e lembrar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.

 Cada Día Mundial da Sida vira ao redor dun tema diferente. Este ano o lema será: Igualdade Xa. O tema deste ano incorpora toda unha lista de desafíos sobre os que o Día Mundial da Sida alertou en todo o mundo:

 Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo. Desde entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.

  • En todo o mundo levan a cabo actividades de concienciación.
  • Tamén moita xente decide levar un lazo vermello, que é o símbolo universal que mostra o apoio e a solidariedade para coas persoas que viven co VIH.
  • Moita xente que vive co VIH escolle ese día para alzar a voz e facerse oír sobre temas importantes nas súas vidas.
  •  Moitos grupos de persoas que viven co VIH e outras moitas organizacións da sociedade civil implicadas na resposta á sida mobilízanse en apoio das comunidades ás que representan e para recadar fondos.
  • As actividades que se realizan poñen de manifesto o estado actual da epidemia.

O Día Mundial da Sida segue sendo tan importante hoxe como cando empezou, e continúa lembrando á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu. A día de hoxe é fundamental aumentar o financiamento para a resposta á sida. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta a vida das persoas, para que deste xeito podamos poñer fin ao estigma e a discriminación, e consigamos mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH.

Lema 2022

Igualdade Xa

 

Como actuar ante a súa primeira borracheira

Educación para a Saúde

Como actuar ante a súa primeira borracheira

Impartido por Luisa Astray, Educadora Social de la UAD

venres 18 de novembro ás 19:30h no Colexio Ferroviario.

Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil

A situación derivada da pandemia por COVID-19 supuxo un risco para a saúde mental. Ao propio andazo engadíronse, unha serie de repercusións económicas e socias que provocaron un incremento do illamento social e o abandono de estratexias saudables e de soporte. Estes procesos contribuíron a superar os mecanismos de afrontamento dunha parte da poboación provocando un aumento de trastornos mentais como a ansiedade, a depresión e o insomnio.

PROTOCOLO RISCO SUICIDA

 

O día 3 de novembro do 2022 é o Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar, incluido o ciberbullying

Que facer cando se produce un caso? É preciso establecer tanto servizos de apoio como protocolos de intervención para a xestión autónoma.

Algunhas notas a considerar para a posta en práctica das recomendacións que leremos a continuación:

  • Aínda que son, na súa maioría, pautas de aplicación tamén para vítimas adultas e fóra do contexto escolar, cando se desexen transmitir a nenos e adolescentes precísase unha modulación na forma de comunicar a mensaxe.
  • Cada caso e persoa é diferente. Por iso, estas indicacións pretenden ser de axuda, de forma completa ou parcial, nos sucesos máis comúns.
  • A orde en que se toman as medidas é importante. Con todo, a gravidade dos feitos nalgúns casos pode requirir acelerar a execución de determinados pasos, reducir o intervalo entre eles ou directamente obvialos.
  • En casos extremos, a solicitude de axuda á policía debe ser inmediata.

 

Este decálogo é unha das achegas de PantallasAmigas ao primeiro Protocolo de Actuación Escolar ante o Ciberbullying desenvolvido polo EMICI coa colaboración do Departamento de Educación do Gobierno Vasco.

Dexesamos que estas pautas básicas sexan útiles para quen poidan necesitalas.

Decálogo para descarga:

Decálogo para una víctima de ciberbullying

Ver vídeo

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. NOVEMBRO 2022

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. NOVEMBRO 2022

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

O SUICIDIO

FACER VISIBLE O INVISIBLE

Non son poucas as persoas que tentan, e en moitas ocasións conseguen, provocarse a morte de forma deliberada, suicídanse. Cando como persoas e como profesionais temos noticia dalgunha persoa que se ha auto lesionado ou se quitou a vida, adoitamos expornos… podería facer algo que axudase a esa persoa?, teño información e/o formación para afrontar este tipo de situacións?

 O suicidio continúa sendo un tema tabú que nos leva ao seu descoñecemento.

O suicidio orixina máis mortes a nivel mundial que a suma das producidas por homicidios e guerras.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación - 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

e-mail: uad@concellodemonforte.com

Impacto da tecnoloxía na adolescencia

O obxectivo fundamental deste estudo foi levar a cabo un diagnóstico do uso e impacto da tecnoloxía na adolescencia. Estudáronse os hábitos de uso da internet, as redes sociais, o consumo de videoxogos e o xogo en liña, así como diferentes prácticas de risco (como o sexting ou o contacto con descoñecidos), informando ademais o grao de supervisión parental.

Analízanse tamén as motivacións, crenzas e expectativas relacionadas co uso das pantallas, xa que só a través da opinión das e os adolescentes é posible entender o espazo que a tecnoloxía ocupa nas súas vidas. Por último, este estudo constitúe unha magnífica oportunidade para actualizar as taxas tanto de acoso escolar como de ciberacoso do territorio nacional.

Informe estatal Impacto da tecnoloxía na adolescencia

Resumo executivo. Impacto da tecnoloxía na adolescencia

Resumo executivo. Galicia

Xogo de Apostas #ImportanteNoParticipar

 

CAMPAÑA: Prevención do Xogo de Apostas

O importante é non participar

Apostamos pola saúde

Informar-Educar-Previr

O xogo con diñeiro é unha actividade amplamente estendida na nosa sociedade, segundo o Informe sobre Adiccións comportamentales: xogo con diñeiro, uso de videoxogos e uso compulsivo da internet nas enquisas de drogas e outras adiccións en España . O 64,2% da poboación de 15 a 64 anos xogou con diñeiro (presencial, en liña ou ámbolos dous) no último ano (66,8% en homes e 61,5% en mulleres).  Este estudo apunta a unha ascendente prevalencia de xogo con diñeiro, en especial entre os grupos de menor idade no caso do xogo en liña.

É responsabilidade de todas as institucións e entidades implicadas e, en definitiva, de toda a sociedade previr o mal uso e os posibles problemas que se deriven desta potente incursión na nosa realidade social. Desde o Plan Nacional Sobre Drogas está a darse resposta a esta necesidade a través desta campaña de Prevención do Xogo de Aposta xa que se enmarca na Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024 (ENA) que incorpora como novo campo de actuación as adiccións sen substancia ou comportamentales, con especial énfase no xogo de aposta (presencial ou en liña).

A campaña Prevención do Xogo de Apostas pon o acento en que hai determinados xogos nos que é mellor non participar, o xogo non pode formar parte da nosa rutina.

Informe sobre adicciones comportamentales 2021

Estratexia Nacional sobre adicciones 2017-2024

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. OUTUBRO 2022

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. OUTUBRO 2022

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

 

PREVENCIÓN DA LUDOPATÍA: RECOMENDACIÓNS

O XOGO E OS MENORES DE IDADE

Os menores de idade teñen prohibido o acceso aos xogos de azar, pero convenche saber algunhas cousas máis que poden axudar á prevención de posibles condutas de risco. A continuación ofrecémosvos unhas recomendacións  dirixidas a nais e pais que queiran previr o xogo patolóxico.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación - 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

e-mail: uad@concellodemonforte.com

Actividades de prevención de condutas adictivas Curso 2022 -2023

Comenza un novo curso escolar e como todos os anos o Servizo de Prevención da UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE DE LEMOS, dependente da Concellería de Sanidade do Concello de Monforte, empezaremos a traballar cos programas de prevención de condutas adictivas que impartimos en todos os centros escolares de Monforte de Lemos e outros 10 concellos (Bóveda, Carballedo, Chantada, Courel, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Saviñao e Sober).

Tamén levaremos a cabo, como é habitual, diversas actividades de información e sensibilización en toda a poboación.

Nos programas escolares o noso obxectivo é proporcionar aos mozos e mozas información veraz sobre todo tipo de condutas que poidan levar consigo un problema de adicción (con e sen subsustancias) e darlles ferramentas para que poidan tomar as decisións adecuadas nos momentos de presión por parte do grupo de iguais.

A si mesmo, como sempre estamos ao dispor de pais, nais, profesorado, asociacións, poboación xeral… para toda a información que precisen, de forma presencial no noso centro, mediante Whats App (604 05 97 19), co formulario da páxina do Concello, na nosa sección: Sanidade: UAD: FORMULARIO de CONTACTO ou no noso Facebook, cunha mensaxe privada.

Os programas que levamos a cabo, entre outras actividades, son:

  • “FUMATAS” – impartido no 2º ciclo de primaria.
  • “DÚBIDAS? Pregunta e infórmate (Alcol e tabaco)” – para ESO e BAC.
  • “O CANNABIS. SÁBELO TODO?” – para ESO e BAC
  • “CANDO APOSTAS, SEMPRE PERDES (Xogo patolóxico)” – para ESO e BAC
  • “CONTROLAS OU TE CONTROLAN? (Uso problemático de Internet e as Tic)” – para ESO e BAC
  • Talleres sobre Educación afectivo-sexual, sobre SIDA e bulling.

 

Dispoñemos dunha ampla videoteca, ao dispor de todo o profesorado, con películas coa súa correspondente Unidade Didáctica que desenvolven diferentes valores para traballar en titorías.

Seguimos editando mensualmente o “Boletín Familiar” con recomendacións para as nais e país, que se pode consultar no noso Facebook ou na páxina web do Concello de Monforte. Tamén se pode atopar en moitas das páxinas web dos centros escolares.

En breve teremos o taller de “Ti serves, ti decides” impartido aos futuros hostaleiros que realizan a súa formación na Escola de Hostalería Belarmino Fernández de Rosende. Este taller realízase en colaboración coa FEBE (Federación Española de Bebidas Espirituosas) e o seu obxectivo é o servizo responsable de alcol.

O noso programa radiofónico “A prevención na casa, a mellor axuda” seguirá emitíndose habitualmente todos os luns en Radio Principal Monforte.

E, por suposto, todas aquelas asociacións, ANPAS, Servizos Sociais dos Concellos, etc. que desexen algún tipo de formación ou información estamos á súa disposición.

Se desexan obter máis información sobre todos estes programas estamos á súa disposición en:

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
SERVIZO DE PREVENCIÓN
Praza da Estación - 17
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Telf. - 982 400495
Correo electrónico: uad@concellodemonforte.com

    Facebook: Unidad Asistencial de Drogodependencias Monforte de Lemos

Persoa responsable:

Luisa Astray García - Educadora Social

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. SETEMBRO 2022

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. SETEMBRO 2022

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

As 10 condutas dos pais que entorpecen a educación dos nenos.

A maioría dos pais e nais concedemos moita relevancia aos estudos dos nosos fillos e tratamos de implicarnos neles. Pero mestres e psicólogos aseguran que non sempre temos claro cal é o noso papel na aprendizaxe escolar e ás veces adoptamos actitudes que acaban danando a educación dos nosos fillos.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación - 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

e-mail: uad@concellodemonforte.com