O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Novembro 2024

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Novembro 2024

 

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

“APPS QUE MOLAN" APLICACIÓNS XENIAIS

TRICO (Tecnoloxías de Relación, Información, Comunicación e Ocio) están presentes en todos os ámbitos da nosa vida. Actualmente, adultos e adolescentes dedicamos boa parte do noso tempo libre ao entretemento en liña, moitas veces pasivo (Redes Sociais, vídeos en TikTok ou curtas de YouTube, desprazamento “infinito”, etc.). Pero hai outras formas máis enriquecedoras de integrar Internet no noso lecer individual e no que compartimos en familia.

Internet pode axudarnos a gozar máis das nosas afeccións!

 

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Como sempre, estaremos á vosa  disposición na nosa dirección habitual.

 Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

 

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación – 17    Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail: uad@concellodemonforte.com