O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Marzo 2025
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
"SOBER CURIOUS"
A tendencia para reducir o consumo de alcol chámase sober curious e está de moda
O movemento sober curious, ou sobriedade curiosa, abre a conversación acerca de canto alcol bebemos (nós e os nosos fillos) e por que a nosa saúde e benestar piden a berros que reduzamos o seu consumo. A idea é reflexionar e avaliar a relación que temos con el, descubrir novas formas de diversión alcol-free e, de paso, explorar esta nova forma de vivir.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para máis información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com