O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Febreiro 2025

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Febreiro 2025

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

“EDADISMO CARA ÁS PERSOAS MAIORES: QUE É E COMO COMBATELO"

O edadismo (ou discriminación por motivos relacionados coa idade) é o conxunto de estereotipos e prexuízos que presupoñen que todas as persoas dunha determinada idade pensan e compórtanse de igual maneira ou teñen as mesmas necesidades ou intereses. Son comportamentos edadistas, por exemplo, excluír ou invisibilizar ás persoas maiores, infantilizarlas no trato ou presupoñelas fráxiles ou menos capaces simplemente por ter unha determinada idade. A Organización Mundial da Saúde (OMS) na súa campaña mundial contra o edadismo profunda sobre este concepto, os seus efectos e o tipo de estratexias a poñer en marcha para palialo.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

 Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

 

Para máis información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación – 17    Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail: uad@concellodemonforte.com