Noticias:
-
O goberno municipal solicita que a Xunta solucione o verquido de gasóleo do IES Río Cabe
O grupo de goberno rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, sobre o verquido de gasóleo que se produciu no depoósito do IES Río Cabe. Na moción explícase que a finais do pasado mes de decembro varios veciños e veciñas da rúa San Pedro dirixíronse ó Concello e ó SEPRONA... -
O PXOM sométese a debate para a súa mellora e enriquecemento, non é un documento pechado
Unha vez iniciado o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal, e celebrados os primeiros encontros para explicar as liñas xerais deste documento fundamental, diversos sectores profesionais e cidadáns teñen expresado críticas e desacordos con aspectos singulares do mesmo... -
Ata o 15 de Xaneiro aínda se poden presentar solicitudes para un posto na Praza de Abastos
O pasado 21 de Decembro foron aprobadas as bases para a licitación do psto nº5 da Praza de Abastos de Monforte de Lemos, o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de Xaneiro de 2013. As actividades admisibles serán todas as relativas á comercialización de produtos destinados a... -
O Concello felicítase pola favorable resolución do conflito de Paradores
O Concello de Monforte amosa a súa satisfacción pola resolución final do conflito xurdido a raíz da intención da dirección de Paradores de poñer en marcha unhas medidas que, nun principio, afectaban gravemente tanto ós traballadores/as como ó propio funcionamento do Parador da nosa cidade. ... -
Presentada unha moción sobre a exclusión da Ribeira Sacra da promoción turística “Vive Galicia”
Tal e como anunciara o Alcalde, o grupo municipal do BNG presentou o xoves día 20 de decembro unha moción na que solicita explicacións á Xunta de Galicia diante da exclusión da Ribeira Sacra da campaña de promoción “Vive Galicia”. A moción tamén esixe que se solucione esta anómala situación e que... -
Preocupación e indignación do empresariado polas medidas que adopte Paradores
As persoas que asistiron á reunión convocada por Severino Rodríguez, todas representantes dos sectores económicos da cidade e dos traballadores do Parador, acordaron facer unha declaración na que se recolla “a enorme preocupación e indignación polas medidas que poida adoptar a compañía en... -
A Deputación crea unha web ó servizo da comercialización dos produtos turísticos de Lugo
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, en representación da área de Turismo do organismo provincial, presentou esta mañá en Monforte a nova páxina web dedicada ó sector económico relacionado coa actividade turística. Antonio Veiga agradeceu a presenza do alcalde, Severino... -
A Ribeira Sacra queda á marxe dunha promoción turística da Xunta de Galicia
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., coñecida como TURGALICIA, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo que, á súa vez, está adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ven de poñer en marcha unha campaña de promoción do turismo no país baixo o título “Vive Galicia... -
O goberno municipal pregúntase se a voceira do PP defende os intereses de Monforte ou os de Paradores
Diante da negativa do Partido Popular de Monforte a asinar as cartas dirixidas ó ministro de Industria, Energía y Turismo e ó presidente da Xunta de Galicia, solicitando que o Parador de San Vicente do Pino non se vexa afectado polas medidas anunciadas pola dirección de Paradores, o grupo de... -
O PXOM someterase a aprobación inicial o venres 21 de decembro
O Alcalde anunciou oficialmente a celebración dun pleno extraordinario, o venres día 21 de decembro ás 18:00 h., para levar a cabo a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Severino Rodríguez dixo que o documento tiña catro partes fundamentais que se referían á estrutura...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 245
- 246
- 247
- 248
- 249
- 250
- 251
- 252
- 253
- …
- seguinte ›
- última »