O goberno municipal solicita que a Xunta solucione o verquido de gasóleo do IES Río Cabe

O grupo de goberno rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, sobre o verquido de gasóleo que se produciu no depoósito do IES Río Cabe. 

 

Na moción explícase que a finais do pasado mes de decembro varios veciños e veciñas da rúa San Pedro dirixíronse ó Concello e ó SEPRONA queixándose do forte cheiro a gas oil que chegaba ós seus fogares. 

 

Ante esta situación, tanto a garda civil como o Concello actuaron con inmediatez e identificaron a procedencia do cheiro a gasóleo que afectaba a varias vivendas. O verquido procedía do depósito do IES Río Cabe e provocaba un forte olor en tódalas vivendas das rúas San Pedro e Dr. Casares, rúas por onde discorre o colector xeral a onde chegaba o verquido. 

 

Nesta moción o grupo de goberno esíxelle á consellería de Educación, a quen informou dende o primeiro momento e de quen dependen as instalacións onde se orixinou o verquido de hidrocarburo, a urxente solución dun problema que continúa afectando á veciñanaza. 

 

A proposta do grupo de goberno solicita que o Pleno da Corporación inste á consellería de Educación da Xunta de Galicia a solucionar de maneira urxente as deficiencias do depósito de gas oil do IES Río Cabe e, coa finalidade de que non volvan repetirse sucesos desta índole, tamén se solicita que a Xunta revise as instalacións de calefacción do citado instituto e de tódolos centros públicos, controlando que as instalacións dos centros de ensino cumpren a normativa actual.

 

Xúntase texto íntegro da moción.