O día 3 de novembro do 2022 é o Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar, incluido o ciberbullying

Que facer cando se produce un caso? É preciso establecer tanto servizos de apoio como protocolos de intervención para a xestión autónoma.

Algunhas notas a considerar para a posta en práctica das recomendacións que leremos a continuación:

  • Aínda que son, na súa maioría, pautas de aplicación tamén para vítimas adultas e fóra do contexto escolar, cando se desexen transmitir a nenos e adolescentes precísase unha modulación na forma de comunicar a mensaxe.
  • Cada caso e persoa é diferente. Por iso, estas indicacións pretenden ser de axuda, de forma completa ou parcial, nos sucesos máis comúns.
  • A orde en que se toman as medidas é importante. Con todo, a gravidade dos feitos nalgúns casos pode requirir acelerar a execución de determinados pasos, reducir o intervalo entre eles ou directamente obvialos.
  • En casos extremos, a solicitude de axuda á policía debe ser inmediata.

 

Este decálogo é unha das achegas de PantallasAmigas ao primeiro Protocolo de Actuación Escolar ante o Ciberbullying desenvolvido polo EMICI coa colaboración do Departamento de Educación do Gobierno Vasco.

Dexesamos que estas pautas básicas sexan útiles para quen poidan necesitalas.

Decálogo para descarga:

Decálogo para una víctima de ciberbullying

Ver vídeo