Noticias:
-
Ata o 15 de Xaneiro aínda se poden presentar solicitudes para un posto na Praza de Abastos
O pasado 21 de Decembro foron aprobadas as bases para a licitación do psto nº5 da Praza de Abastos de Monforte de Lemos, o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de Xaneiro de 2013. As actividades admisibles serán todas as relativas á comercialización de produtos destinados a... -
O Concello felicítase pola favorable resolución do conflito de Paradores
O Concello de Monforte amosa a súa satisfacción pola resolución final do conflito xurdido a raíz da intención da dirección de Paradores de poñer en marcha unhas medidas que, nun principio, afectaban gravemente tanto ós traballadores/as como ó propio funcionamento do Parador da nosa cidade. ... -
Presentada unha moción sobre a exclusión da Ribeira Sacra da promoción turística “Vive Galicia”
Tal e como anunciara o Alcalde, o grupo municipal do BNG presentou o xoves día 20 de decembro unha moción na que solicita explicacións á Xunta de Galicia diante da exclusión da Ribeira Sacra da campaña de promoción “Vive Galicia”. A moción tamén esixe que se solucione esta anómala situación e que... -
Preocupación e indignación do empresariado polas medidas que adopte Paradores
As persoas que asistiron á reunión convocada por Severino Rodríguez, todas representantes dos sectores económicos da cidade e dos traballadores do Parador, acordaron facer unha declaración na que se recolla “a enorme preocupación e indignación polas medidas que poida adoptar a compañía en... -
A Deputación crea unha web ó servizo da comercialización dos produtos turísticos de Lugo
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, en representación da área de Turismo do organismo provincial, presentou esta mañá en Monforte a nova páxina web dedicada ó sector económico relacionado coa actividade turística. Antonio Veiga agradeceu a presenza do alcalde, Severino... -
A Ribeira Sacra queda á marxe dunha promoción turística da Xunta de Galicia
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., coñecida como TURGALICIA, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo que, á súa vez, está adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ven de poñer en marcha unha campaña de promoción do turismo no país baixo o título “Vive Galicia... -
O goberno municipal pregúntase se a voceira do PP defende os intereses de Monforte ou os de Paradores
Diante da negativa do Partido Popular de Monforte a asinar as cartas dirixidas ó ministro de Industria, Energía y Turismo e ó presidente da Xunta de Galicia, solicitando que o Parador de San Vicente do Pino non se vexa afectado polas medidas anunciadas pola dirección de Paradores, o grupo de... -
O PXOM someterase a aprobación inicial o venres 21 de decembro
O Alcalde anunciou oficialmente a celebración dun pleno extraordinario, o venres día 21 de decembro ás 18:00 h., para levar a cabo a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Severino Rodríguez dixo que o documento tiña catro partes fundamentais que se referían á estrutura... -
Acordo dos tres grupos municipais na defensa do Parador de Monforte
Severino Rodríguez reuniuse hoxe, ás 13:00 h. na Casa do Concello, cos voceiros/as dos tres grupos políticos da Corporación Municipal para abordar a situación do Parador de Monforte ante as medidas anunciadas pola dirección da compañía. Mº Xosé Vega, do BNG, José Manuel Puga, do PP, e José... -
O Concello e o Fogar San José asinaron un convenio de colaboración
O alcalde, Severino Rodríguez, e a relixiosa Josefa Vilariño,asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o Concello aportará 6.000 euros para contribuír co labor que desenvolve en Monforte o Fogar de San José Hermanitas Ancianos Desamparados. Mediante este convenio o Concello...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- …
- seguinte ›
- última »