Noticias:
-
O Concello presenta o vídeo e o cartel da XVII edición da Feira Medieval, que se celebrará o 20 e 21 de abril
Monforte de Lemos, 22 de marzo de 2019. O Alcalde, José Tomé, deu a coñecer a campaña promocional da décimo sétima edición da Feira Medieval de Monforte, un evento que se celebrará os vindeiros 20 e 21 de abril. Durante a roda de prensa o rexedor estivo acompañado da concelleira de Cultura, Marina... -
Celebración en Monforte do Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia
Monforte de Lemos, 21 de marzo de 2019. Na mañá de hoxe conmemorouse en Monforte o Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia. As familias de etnia xitana do poboado de As Lamas reivindicaron ás Administracións públicas, ós colectivos e sociedade en xeral o recoñecemento e respecto dos seus... -
O concello de Monforte reparte árbores nos centros educativos para conmemorar o Día da Árbore e mañá celébrase unha xornada sobre xestión de aceites industriais
Monforte de Lemos, 21 de marzo de 2019. O Concello de Monforte celebrou hoxe o día da Día da Árbore e para conmemorar esta data, entregou aos centros educativos de Monforte unha árbore (a cada un deles) para que a pranten nas súas instalacións. Deste xeito, no día de onte, persoal municipal da... -
Exitosa xornada en Monforte adicada a axudas e servizos para PEMES galegas
Monforte de Lemos, 22 de marzo de 2019. O Centro Cívico de Monforte acolleu a celebración da Xornada informativa de axudas e servizos para PEMES galegas, organizada polo Concello e a Consellería de Economía, Emprego e Industria co obxectivo de informar a empresarios e emprendedores sobre as liñas... -
O Concello de Monforte está a realizar un proxecto de limpeza en profundidade das zonas peonís e das rúas máis transitadas da cidade
Monforte de Lemos, 20 de marzo de 2019. O Concello de Monforte acordou coa empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo do Concello, a realización dun proxecto de limpeza en profundidade das zonas peonís e das rúas máis transitadas da cidade que afectan a distintos barrios... -
O estacionamento do Parque dos Condes e o primeiro treito do Paseo Fluvial xa contan cunha boa iluminación pública
Monforte de Lemos, 19 de marzo de 2019. O Concello de Monforte de Lemos informa que no día de hoxe entra en funcionamento a nova iluminación do estacionamento do Parque dos Condes e do primeiro treito do Paseo Fluvial entre a pasarela do estacionamento e a pasarela do acceso ó futuro parque de... -
Recta final para a celebración da XI Carreira Popular Concello de Monforte
Monforte de Lemos, 18 de marzo de 2019. A falta de catro días para o peche das inscricións son case 1.000 persoas as que xa están inscritas nalgunha das categorías da XI Carreira Popular Concello de Monforte que terá lugar o vindeiro domingo 24 de marzo, o que fai que todo apunte a que un ano máis... -
O Concello de Monforte adxudica a obra do novo Miradoiro do Duque
Monforte de Lemos, 18 de marzo de 2019. O Concello de Monforte ven de adxudicar a obra de reforma integral do Miradoiro do Duque, co obxectivo de facelo máis atractivo, máis seguro, máis amplo e con máis información. Deste xeito, a obra foi adxudicada á empresa SERGONSA SERVICIOS SL, que presentou... -
O Festival Atlántica celebrará o venres 22 diversas actividades en Monforte
Monforte de Lemos, 15 de marzo de 2019. O Festival Atlántica de narración oral, que este ano celebra a súa sétima edición, chega por primeira vez á provincia de Lugo por mor da colaboración coa Deputación de Lugo. Deste xeito, un grupo de narradores de diversas procedencias desenvolverá entre o 20... -
A Praza Luis de Góngora por fin ten alumeado público
Monforte de Lemos, 14 de marzo de 2019. A Praza Luís de Góngora, situada xunto ó Palacio Condal e a igrexa de San Vicente, xa ten desde onte o alumeado público en funcionamento. Dende facía moitos anos non había luz pública na praza xunto ó Parador xa que a única luz que funcionaba estaba situada...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- …
- seguinte ›
- última »