Mañá celebrarase o sorteo para a adxudicación das actividades do Programa Activa

Monforte de Lemos, 25 de setembro de 2019. Segundo se establece nas condicións para participar nas actividades do Programa Activa 2019, que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro tanto no Centro Cívico Social coma nas parroquias do concello de Monforte de Lemos, a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre as solicitudes recibidas para cada actividade unha vez finalizado o prazo de solicitude e diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade.

Deste xeito, o sorteo será público e realizarase mañá 26 de setembro ás 13:00 h no salón de actos do Centro Cívico-Social (paseo do Malecón, 26) de Monforte de Lemos.

Neste acto público, ó que poderá asistir quen queira, asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida. No caso de presentarse a solicitude de participación conxunta, os candidatos e candidatas optarán a praza ou a lista de agarda cun único número.

Porén, se non se cobren as prazas para unha actividade concreta non se realizará sorteo e asignaranse segundo a orde de entrada.

No suposto de que non se cubran as prazas ofertadas nalgunha das actividades, poderase abrir un prazo extraordinario ata completar as prazas nesas actividades. Na asignación de prazas, terán prioridade para acceder a elas as persoas que presentasen a solicitude no prazo xeral e non obtivesen praza no sorteo sobre as persoas que non solicitasen no prazo ordinario e adxudicarase por orde de entrada.

 

Actividades que van a sorteo público

  • Ximnasia acuática 1
  • Ximnasia acuática 2
  • Ximnasia de mantemento 2
  • Pilates 1
  • Pilates 2
  • Baile – iniciación
  • Baile – perfeccionamiento
  • Manexo do móbil, internet e correo electrónico 1
  • Manexo do móbil, internet e correo electrónico 2
  • Conservando a memoria
  • Cociña consciente e saúdable
  • Inglés
  • Artesanía e manualidades 2

 

Actividades que non van a sorteo

  • Ximnasia de mantemento 1
  • Artesanía e manualidades 1
  • Fotografía dixital
  • Encaixe de palillos
  • Risoterapia
  • Reciclaxe e costura creativa 1
  • Reciclaxe e costura creativa 2
  • Beleza e saúde natural
  • Trucos e ideas para o día a día