Resultados do sorteo de adxudicación de prazas das actividades do Programa Activa e apertura de prazo extraordinario para solicitar prazas aínda dispoñibles

Monforte de Lemos, 27de setembro de 2019. Celebrado o o sorteo, en acto público, o pasado 26 de setembro no salón de actos do Centro Cívico-Social da adxudicación de prazas do Plan ACTIVA do Concello de Monforte, xa se poden consultar os listados das persoas admitidas e en lista de espera.

Para elo pódese consultar o documento por actividades no seguinte enlace:

 

 Listados definitivos sorteo Plan ACTIVA 

 

Do mesmo xeito, anunciamos a apertura do prazo extraordinario para solicitar a participación nas actividades que se desenvolven no Centro cívico no trimestre outubro-decembro de 2019 nas que non se cubriron a totalidade das prazas ofertadas.

Actividades con prazas dispoñibles:

      Actividades para maiores de 55 anos:  

   ACTIVIDADE

   PRAZAS DISPOÑIBLES

   Ximnasia mantemento 1

   2

   Risoterapia

   5

   Artesanía e Manualidades, Grupo 1

   3

   Reciclaxe e costura creativa Grupo 1 

   6

   Conservando a memoria

   Posible apertura doutro grupo

 

      Actividades para maiores de 14 anos:

   ACTIVIDADE

   PRAZAS DISPOÑIBLES

   Reciclaxe e costura creativa Grupo 2

   1

   Trucos e ideas para o día a día

   12

   Beleza e saúde natural

   14

 

Asignación de prazas: A asignación de prazas farase por orde de entrada e atendendo os seguintes criterios de preferencia:

 

1-Persoas que presentasen a solicitude no prazo xeral e non obtivesen praza no sorteo.

2-Persoas que non solicitasen participar nas actividades durante o prazo ordinario.

3-Persoas que teñan praza adxudicada nalgunha actividade.

 

Prazo e lugar de solicitude: As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades con prazas aínda dispoñibles poderán presentar a súa solicitude na Secretaría dos Servizos Sociais situada no primeiro andar de dito Centro Cívico Social (paseo do Malecón 26), no Rexistro situado na casa do Concello (Praza Campo de San Antonio s/n) ou na sede electrónica  dende o vindeiro luns 30 de setembro de 2019 ata o martes 8 de outubro de 2019.

Solicitude: As persoas interesadas, presentarán unha instancia xeral (no caso que xa presentase a solicitude en prazo ordinario (obtivese ou non praza) ou o modelo normalizado de solicitude, no caso de presentala por primeira vez, durante o prazo de solicitude extraordinario. Este modelo pódese descargar no seguinte enlace:

 Formulario inscrición extraordinaria Programa ACTIVA