Monforte de Lemos, 24 de setembro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da neutralización dos niños de vespa velutina aparecidos o pasado venres 20 de setembro no parque López Suárez, e que obrigaron ó peche do citado parque mentres se desenvolveron os mencionados traballos de neutralización.
A neutralización dos niños de velutina foi posible grazas a estreita colaboración que mantiveron o Alcalde da cidade coa xerente do Consorcio de Bombeiros. Froito da mesma, o traballo conxunto entre os bombeiros e os técnicos do Servizo de Medio Ambiente do Concello fixo posible a eliminación efectiva destes perigosos insectos.
Deste xeito, o rexedor municipal informa que, neutralizados os niños e garantida a seguridade, o parque López Suárez volve a estar aberto para o disfrute de todos os seus usuarios.