O Concello de Monforte abre mañá o prazo de solicitude de bolsas a deportistas individuais para a tempada 2018-2019

Monforte de Lemos, 26 de setembro de 2019. Dende mañá venres 27 de setembro xa se poden solicitar as axudas económicas dirixidas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade ou especialidade deportiva individual.

O importe total destinado a estas axudas é de 5.000 euros e se poderán beneficiar delas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello de Monforte.
  • Estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas.
  • Ter participado, como mínimo, en tres probas ou campionatos de carácter oficial, dos cales un deles ten que ser o campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.

 

Todas as persoas interesadas poderán presenta méritos para a súa avaliación conseguidos entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a contar dende o propio venres 27 de setembro.

A cantidade máxima de cada unha das bolsas se establece en 600 euros por deportista.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a importancia destas axudas “nunha cidade na que contamos cunha excepcional canteira de deportistas que destacan en moitas disciplinas e que sitúan a Monforte nun lugar elevado dentro da elite deportiva galega”.

 

Pódense consultar as bases da convocatoria na páxina web do Concello de Monforte neste enlace

No seguinte enlace pódese consultar o extracto da convocatoria publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo  B.O.P