O Alcalde anuncia a apertura dos prazos de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” no curso 2024-2025

Monforte de Lemos, 14 de maio de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que o prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2024/2025, nos distintos cursos e especialidades ofertados, abrirá dende o vindeiro 20 de maio.

 

Prazos para a presentación de solicitudes

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) será do 3 ó 24 de xuño. A proba de aptitude musical terá lugar o día 25 de xuño ás 12:00h.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º curso de grao profesional (pase de grao) será do día 20 de maio ó 10 de xuño. Esta proba de pase de grao terá lugar o día 11 de xuño ás 16:00h.

O prazo para inscribirse na proba de acceso a outros curso das ensinanzas elementais ou profesionais será do 3 ó 17 de xuño. Esta proba terá lugar o día 19 de xuño ás 16:00h.

Nestes tres casos, a inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na secretaría do centro ou accedendo á “Solicitude proba de acceso” na sede electrónica da páxina web do Concello de Monforte. Para elo, haberá que descargar o impreso de solicitude de inscrición e de autoliquidación, e envialos debidamente cubertos e no prazo establecido ó correo do centro conservatorio@concellodemonforte.com.

 

Especialidades ofertadas curso 2024/2025

  • Piano                       
  • Guitarra                           
  • Trompa
  • Clarinete     
  • Violín                                            
  • Trompeta
  • Saxofón                    
  • Percusión                       
  • Trombón de varas

         

Matrícula

O prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2024/25, será do 7 ó 17 de xuño.

O prazo de matrícula para o novo alumnado que supere o acceso ó vindeiro curso 2024/25, será do 12 ó 28 de xuño.

Para mais información, os interesados e interesadas poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982 403 893, no Correo electrónico: conservatorio@concellodemonforte.com, e o horario de atención presencial na secretaría do centro será de 10:00 a 14:00 horas.

 

Descarga de formularios:

Solicitude_matricula_Conservatorio_Monforte.pdf

Autoliquidacion_matricula_Conservatorio_Monforte.pdf

Datos_bancarios_e_orde_adeudo_matricula_Conservatorio_Monforte.pdf

Solicitude_proba_de_acceso_Conservatorio_Monforte.pdf

Autoliquidacion_proba_acceso_Conservatorio_Monforte.pdf