Monforte de Lemos, 10 de outubro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar da aprobación definitiva do proxecto de reparcelación da “Zona D” de Monforte, que se corresponde cos terreos ubicados no centro da cidade inmediato ao Rio Cabe, e fronte ó Colexio da Compañía.
O proxecto de reparcelación da Zona D fora aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do día 7 de xullo de 2023. Posteriormente, o proxecto estivo a exposición pública, logo de ser publicado no B.O.P. de data 24 de agosto de 2023.
Tras superar o proxecto o proceso de exposición pública e de ser resoltas as alegacións presentadas, a aprobación do proxecto definitivo de reparcelación de la Zona D produciuse na Xunta de Goberno celebrada o pasado luns 16 de setembro.
O seguinte paso neste proceso, ó igual que ocorreu coa Zona C, será o de contratar o Proxecto Construtivo para, con posterioridade, licitar as obras propiamente ditas, conforme ó proxecto previamente aprobado.
A Zona D é unha área en forma de rectángulo recortado que inclúe os terreos que están ubicados entre o Paseo do río, as traseiras dos edificios da Avda. de Galicia, as traseiras dos edificios da Rúa Cardenal e unha pequena parte do Parque dos Condes que se corresponde co lugar onde está ubicado o muro de peche e a pérgola.
Tal e como subliña o Alcalde “esta é unha nova acción que responde a seguir cumprindo co compromiso que este Equipo de Goberno e eu, como Alcalde, teño cos veciños e veciñas de monforte, de seguir mellorando o urbanismo da cidade, en todos os ámbitos, por iso, imos dar un novo paso na mellora e posta en valor dun espazo que neste momento está en parte degradado, que coincide coas traseiras do edificio do Banco de Bilbao e do edificio do supermercado Árbol”.
A urbanización da Zona D suma unha superficie de 3.274 m2 pertencentes a pertencentes a 35 propietarios ou herdeiros incluída unha comunidade do garaxe. A superficie total afectada por esta urbanización é de 3.274 m2 que se corresponden con 1.932 metros de chan privado e 1.342 metros de terreo publico dos que 791 m. correspóndense coa tira da zona verde pegada ó muro de peche cunha lonxitude de 41,5 m. e 561 m. do vial que descorre fronte á pérgola.
A aprobación definitiva do proxecto de reparcelación, vai permitir eliminar unha pequena bolsa de maleza e abrir un novo vial que comunica a Rúa Cardeal co Paseo do río Cabe. Tamén vai xerar novas parcelas para edificar con baixo impacto. Po outro lado, engádese tamén unha zona verde e o conxunto, tal e como remarcou no seu día o Alcalde “vai a permitir cambiar a fisionomía da cidade e poñer en valor esa zona que se atopa moi próxima ao Monumento da Nosa Sra. Da Antiga”.
O custe deste proxecto de reparcelación da Zona D rondará os 400.000€ e será financiado con fondos propios municipais.
Antecedentes
José Tomé recorda que no ano 2000, a Corporación de entón, aprobou definitivamente unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento o día 12 de abril e publicouse no B.O.P. de Lugo o día 26 de abril do mesmo ano, baixo a modalidade de Sistema de Compensación, que legalmente lle correspondería desenvolver ós propietarios, cousa que, 23 anos despois, non se produciu.
“Diante desta situación e logo da experiencia positiva da Zona C, dende o Equipo de Goberno, decidimos tomar a iniciativa e propuxemos ó Pleno do Concello o cambio do Sistema de Compensación polo Sistema de Cooperación, onde a iniciativa xa lle corresponde ó Concello”, explicou o rexedor monfortino cando deu a coñecer a aprobación inicial deste proxecto de reparcelación. Así, este cambio permite ó Concello tomar a iniciativa para proceder á urbanización deste novo espazo urbano, que dará fachada á rúa Cardenal e ó Parque dos Condes, o que vai supoñer unha mellora urbanística significativa.
Así, esta proposta foi aprobada polo Pleno o día 29 de novembro de 2021, por 11 votos a favor do Partido Socialista e 6 abstencións dos concelleiros do PP, BNG e Esperta Monforte, sen que no período de exposición pública se produciran alegacións.
A nova Zona D mellorará o urbanismo do centro da cidade
Os terreos correspondentes á denominada Zona D están ubicados entre o paseo do río Cabe, as traseiras dos edificios da avenida de Galicia, as traseiras dos edificios da rúa Cardenal e que inclúe a pérgola do Parque dos Condes, suma unha superficie de 3.274 m2, pertencentes a 35 propietarios ou herdeiros incluída unha comunidade do garaxe.
O Alcalde subliña que “ó igual que pasou na rúa Rof Codina, tamén chamada Zona C, o proxecto da Zona D vai permitir eliminar unha pequena bolsa de maleza, abrindo un novo vial que comunicará a rúa Cardeal co Paseo do Río e vai xerar novas parcelas edificables con baixo impacto, e tamén unha pequena zona verde, que mellorará e poñerá en valor esa zona que se proxecta cara o monumento da Nosa Señora da Antiga, máis coñecida como Escolapios”.
“Despois da excelente experiencia da Zona C”, continuou José Tomé, “estamos convencidos de que na Zona D ocorrerá o mesmo, aínda que o seu ámbito é máis reducido, pero non menos importante debido á zona na que se atopa”.
Os planos de reparcelación amosan como vai quedar a zona edificable e todo o que se gana para uso público, tanto viais como zonas verdes. Cando a urbanización da Zona D estea rematada o reparto dos novos terreos será o seguinte:
- Zonas verdes: 541 m2.
- Viais: 1.550 m2.
- Edificables: 1.182,95 m2 dos cales 1.126 m2 poden dar lugar a baixos e 3.958 m2 a uso de vivenda.
- As alturas modificables serán de baixo + 3 na zona que linda co Banco de Bilbao e de baixo + 1 na zona que linda co Paseo do Río Cabe.
O Alcalde tamén recordou que no informe e na licencia do edificio do BBVA do ano 1969, establecía a obriga de deixar unha franxa de 3,5 metros de ancha paralela ó muro de peche dos Escolapios que se debía prolongar ata o río Cabe, cousa que os promotores do edificio non cumpriron, dado que solo se cumpriu para a entrada do garaxe.
Esta reserva de terreo era debido a que xa no ano 1.969 tiñan a previsión de facer unha calle de 7 metros de ancha, aportando outros 3,5 metros da horta dos Escolapios.
Coa modificación das normas subsidiarias do ano 2000, tal como figura no plano, prevese unha rúa de 12 metros que inclúe unha rotonda nas proximidades do río Cabe.
O Alcalde remarcou o seu convencemento de que a Zona D resultará moi ben acollida polos veciños e veciñas de Monforte, tendo en conta a excelente experiencia vivida coa Zona C e dada a importancia da zona afectada, a pesar de que o ámbito de actuación é mais reducido.