Monforte de Lemos, 31 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para anunciar “que por fin vanse empezar a suprimir os pasos a nivel de Juan Montes e Rioseco, polo que hoxe é un día importante para a cidade de Monforte porque por fin vanse empezar a suprimir os dous primeiros pasos a nivel da cidade dos 6 que ten, poñendo culmen a 7 anos de xestión”.
Na rolda, estivo acompañado polo Subdirector General de Pasos a Nivel de ADIF, Roberto Muela Gutiérrez e pola Subdelegada do Goberno de Lugo, Isabel Rodríguez.
Trátase dos pasos a nivel situados nos puntos quilométricos 361/620 e 361/845 das liñas Palencia-A Coruña, traxecto Ourense-Monforte-Lugo, correspondentes a Rioseco e Juan Montes. Neste senso, o Alcalde puxo en valor a embergadura deste proxecto, que en “44 anos de democracia é a primeira vez que isto se consigue”.
A solución que se adoptou neste proxecto, consiste na construción dun paso inferior por debaixo da vía, máis ou menos na metade dos dous pasos a nivel, polo que pasarán os vehículos e as persoas, dun xeito seguro, porque xa non haberá máis atropelos neses pasos. Tamén se construirá unha rotonda, unha ponte e 5 rúas novas.
Deste xeito, vai haber vai haber unhas comunicacións modernas a ambos lados da vía do Ferrocarril, totalmente urbanizadas e que van poñer en valor toda esa zona. Acábanse os inconvintes das esperas nos pasos a nivel provocados polas constantes manobras que se fan a diario, e, como consecuencia, imos ter unhas comunicacións máis fluídas.
As novas rúas, permitirán as comunicacións dende a rúa Morín pasando por debaixo da vía ata a nova rotonda, que vai distribuír o tráfico cara Juan Montes e Rioseco, a través dunha nova ponte que comunica co núcleo de Rioseco. Tamén vai permitir a circulación pola marxe esquerda da vía, paralela a Padre Feijóo, unha calle de nova construción, que vai dende o Xardín que hai diante do bar A Ronda, ata Juan Montes. Este proxecto inclúe todo, tanto o paso inferior que permitirá suprimir os dous pasos a nivel, como a totalidade das novas calles, a rotonda e a ponte xunto ó núcleo de Rioseco.
Neste senso, salientou o rexedor monfortino que “o ferrocarril que trouxo moitos beneficios a Monforte, tanto no desenvolvemento da cidade, como de crecemento económico e de emprego, tamén levou consigo algunha limitación no crecemento da cidade, e tamén na mobilidade das persoas e incluso falecementos por atropelos. E con este proxecto, contribuímos decisivamente tanto á mellora da mobilidade como da seguridade dos condutores e dos peóns”.
Ademais dos de Rioseco e Juan Montes, o Executivo de José Tomé, tamén traballa para a supresión dos outros 4, situados en Vía de Castela, A Florida, Francisco Moure e O Reboredo.
A envergadura do proxecto tradúcese no investimento, que se licitou por 8.250.582,49€ +ive, en maio de 2023, destinado á asistencia técnica da redacción do proxecto, para pagar a expropiación de fincas e dalgunha casa, e para a realización da obra, que foi adxudicado á UTE integrada por Civis Global e Extraco por 6.881.088,60€.
A previsión é que as obras dean comezo a finais de agosto ou principios de setembro, cun período de execución de 16 meses, arredor de ano e medio.
Tamén salientou o Alcalde que estas obras “vanlle dar un cambio tremendo á zona da Estación, a toda a bolsa de suelo que hai entre o Morín e os dous pasos a nivel ata Rioseco e Juan Montes, un cambio máis potente que o que se fixo na Zona C, porque son 5 rúas novas, unha rotonda, un paso inferior e unha ponte, coa posibilidade de poder modificar o planeamento cando se redacte o plan xeral e estes suelos poidan pasar a urbanizables. Todo elo, en beneficio dese barrio da Estación que queremos que reviva”.
Neste senso, o Alcalde recordou que o proxecto súmase ó da reforma da Estación de tren, con máis de 2M€ ou dos 550M€ investidos para a mellora da vía Ourense-Monforte-Lugo que permitirán a traída da alta velocidade a Lugo.
Pola súa banda, o Subdirector General de Pasos a Nivel de ADIF, Roberto Muela Gutiérrez, detallou os pormenores técnicos desta importante actuación, salientado, ó igual que o Alcalde, os avances que supoñen en mobilidade e seguridade.