O Alcalde anuncia que o ADIF destina 7 millóns de euros para a supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

Monforte de Lemos, 28 de febreiro de 2024.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia “a confirmación dunha excelente noticia para Monforte, xa que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible do Goberno de España, a través do ADIF, ven de destinar 7 millóns de euros para suprimir os pasos a nivel de Río Seco e Juan Montes”, situados na liña León-A Coruña, nos puntos kilométricos 361/620 e 361/845, no entorno da estación de Monforte de Lemos.

As actuacións comprenderán a execución dun paso inferior baixo as vías do tren, nun punto intermedio entre os dous pasos a nivel, e incrementarán as condiciones de seguridade tanto para a circulación de vehículos, como de trens e da propia cidadanía monfortina.

José Tomé subliña que “con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un paso inferior, unha rotonda e unha ponte que suporán a urbanización de toda a zona que vai dende o restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, e dende o Morín ata a rotonda das traseiras das casas da rúa Padre Feijóo, e a súa conexión con Juan Montes e o barrio de Rioseco, cambiando totalmente o aspecto físico desa zona do barrio da Estación”.

O rexedor monfortino informa que  que “as obras foron adxudicadas á UTE integrada por Civis Global y Extraco e os traballos enmárcanse nas actuacións de supresións dos pasos a nivel, que ven xestionando o Concello dende fai anos co ADIF, mesmo propuxemos a solución dos viais que se van facer”.

O Alcalde resalta que “coa adxudicación anunciada hoxe das actuacións de supresión dos pasos a nivel de Río Seco e Juan Montes, seguimos dando os pasos necesarios para desenvolver un proxecto de moito calado que sen dúbida contribuirá a mellorar estes barrios da cidade e a aumentar a seguridade tanto de vehículos como de persoas, e a previsión de inicio das obras que nos trasladan dende ADIF é na primavera-verán deste ano 2024”.


                                Foto de arquivo: O Alcalde anuncia a licitación da supresió dos pasos a nivel, en maio de 2023

Supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes

O Alcalde, José Tomé Roca, recorda que “as xestións para suprimir os pasos a nivel citados comezaron no ano 2018, aceptando ADIF a solución proposta en outubro do ano 2019. Como consecuencia, levaremos a cabo a urbanización de toda a zona que vai dende o Restaurante Ronda ata a Carretera de Reigada, cambiando totalmente o aspecto físico desa zona dos barrios da Estación,  Morín e Rioseco”.

A licitación do proxecto estaba previsto que se levara a cabo no ano 2022 pero debido ó incremento de prezos dos materiais despois da pandemia da Covid-19, o Goberno de España aprobou un Decreto e a Xunta de Galicia outro, no que regulaban a revisión de prezos dos proxectos con un incremento aproximado dos mesmos, dun 20%.

A previsión do custe destas obras ascendía ao redor de 6.000.000 €, que, unha vez revisados nese 20% aproximado, ascendían a 8.273.522,43 €, o que supón unha inversión moi importante que vai a supoñer dinamizar toda esa zona. Finalmente, a adxudicación das obras ronda os 7 millóns de euros.

Con estas actuacións construiranse 5 rúas novas, un paso inferior, unha rotonda e unha ponte que poñerán en valor a zonas sinaladas. As novas rúas pasarán a ser de titularidade municipal, sendo incluídas no inventario de bens do Concello de Monforte.

 

Construción dun paso inferior

Cabe recordar que a solución que se adoptou para a supresión dos pasos a nivel de Rioseco e Juan Montes consiste na construción dun paso inferior por debaixo da vía, máis ou menos na metade dos dous pasos a nivel, polo que pasarán os vehículos e as persoas, dun xeito seguro, acadando así que non se produzan máis atropelos neses pasos.

O paso inferior executarase en base a unha estrutura -un caixón de formigón armado- empuxada baixo as vías. Así, minimizará a afección á explotación ferroviaria. O paso inferior contará con elementos de sinalización vertical e horizontal, sistemas de contención nos bordos e pozo ou arqueta de bombeo con dúas bombas para a evacuación de augas.

Deste xeito, configuraranse unhas comunicacións modernas e fluídas a ambos lados da vía do Ferrocarril, totalmente urbanizadas e que van poñer en valor toda esa zona, xa que non haberá esperas propiciadas polo paso do tren, como ocorre ata agora.

 

Dous novos viais

O proxecto inclúe a construción de dous novos viais: uno Este-Oeste, entre as rúas Juan Montes e Río Seco; e, outro Norte-Sur, que unirá ditas rúas. O paso inferior contará cun vial de calzadas laterais en superficie para dar continuidade aos laterais de rúa Padre Feijóo, paralela ao ferrocarril.

A conexión do novo eixo Este-Oeste coa rúa Morín bifurcarase para conectar tamén coa rúa Juan Montes, co fin de desconxestionar a intersección destas dúas rúas coa rúa Ramón Cabanillas e para que os movementos procedentes de rúa Ferrocarril non precisen acceder ao Morín para cruzar o paso inferior.

Os novos viais exponse bidireccionales, con beirarrúas en ambas as marxes, excepto as calzadas laterais do paso que serán unidireccionais.

As novas rúas, permitirán as comunicacións dende a rúa Morín pasando por debaixo da vía ata a nova rotonda, que vai distribuír o tráfico cara Juan Montes e Rioseco, a través dunha nova ponte que comunica co núcleo de Rioseco.

Tamén será posible a circulación pola marxe esquerda da vía, paralela a Padre Feijóo, gracias a unha rúa de nova construción, que irá dende o Xardín que hai diante do bar A Ronda, ata Juan Montes.

Este proxecto inclúe todo, tanto o paso inferior que permitirá suprimir os dous pasos a nivel, como a totalidade das novas rúas, a rotonda e a ponte xunto ó núcleo de Rioseco, polo que a dimensión e a magnitude do proxecto é realmente importante.

A inversión inclúe as expropiacións, o control e vixilancia ambiental da obra, a reposición de servidumes e dos servizos afectados (auga, luz ou saneamento), traballos de conservación do patrimonio, se o houbera, e o resto de partidas e unidades de obra.

Con esta actuación, mellorarase a permeabilidade da liña, incrementando as condicións de seguridade para a circulación de vehículos e trens.