Monforte de Lemos, 5 de setembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que este mércores 7 de setembro abrirase o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello organiza durante o curso 2023-2024.
A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos (a partir de 16 anos):
Actividades para nenos e nenas:
- Golf
- Pádel
- Kung Fu
- Zumba infantil
Actividades para adultos:
- Ximnasia de mantemento
- Tai Chi
- Ioga
- Zumba
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2023 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2024, completando así un total de 8 meses lectivos.
O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial, ou a través da sede electrónica municipal.
O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 e o 20 de setembro. O luns 25 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos e admitidas confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Se unha vez finalizado o prazo de inscrición se da o caso de que quedan prazas vacantes, se poderán seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.
Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.
O número total de prazas ofertadas dentro do programa de escolas deportivas é de 283 repartidas do seguinte xeito:
Actividades para nenos e nenas:
- Golf: 18 prazas
- Pádel: 30 prazas
- Kung Fu: 15 prazas
- Zumba infantil: 20 prazas
Actividades para adultos:
- Ximnasia de mantemento: 80 prazas
- Tai Chi: 40 prazas
- Ioga: 60 prazas
- Zumba: 20 prazas
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
CURSOS DE NATACIÓN E ACTIVIDADES DIRIXIDAS NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL
Na Piscina climatizada municipal o Equipo de Goberno oferta un número importante de cursos e actividades. En total 220 prazas repartidas en 22 grupos.
Os cursos de natación organízanse en tres trimestres e darán comezo a principios de outubro. Os cursos ofertados serán os seguintes:
- Bebés: a partir de 6 meses (3 grupos)
- Infantil: a partir de 3 anos (6 grupos)
- Nenos/as: a partir de 6 anos (7 grupos)
- Adultos/as: a partir de 13 anos (6 grupos)
Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana, de 45 minutos cada unha.
Tamén se van a ofertar 2 grupos de ximnasia acuática (2 grupos) e aerobike (3 grupos) cunha carga horaria semanal de 2 clases de 45 minutos.
Todas as persoas interesadas en matricularse nalgún dos cursos que se ofertan na Piscina municipal poderano facer a partir das seguintes datas:
- Socios/as da piscina: a partir do 20 de setembro.
- Non socios/as da piscina: a partir do 25 de setembro.
Tamén informamos, que os días 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de setembro, entre as 15:00 e as 21:00 h., levaranse a cabo as probas de nivel co fin de que os interesados/as se matriculen no curso correspondente co seu nivel de natación, unha vez fagan ditas probas. É recomendable que os/as interesados/as en matricularse nalgún curso de natación realicen con anterioridade dita proba de nivel.
Todas as persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos ofertados na Piscina municipal monfortina poderano facer acudindo ó propio centro, a través do teléfono 982 402 646 ou do correo electrónico piscina.monforte@tragsa.es.
DESCARGA DE DOCUMENTOS:
Díptico Escolas Deportivas Municipais Monforte 2023-2024
Normas de Inscrición e desenvolvemento das Escolas Deportivas 2023-2024
FORMULARIO_INSCRICION_ESCOLAS_DEPORTIVAS_MONFORTE_2023_2024.pdf