Monforte de Lemos, 5 de xullo de 2019. Na tarde de onte domingo, ás 15:00 horas, partiu dende as Casiñas da Compañía a representación monfortina nos XIII Xogos do Eixo Atlántico rumbo a Braga, formada por un total de 62 persoas entre atletas técnicos/as e delegados/as. O destino é o Forum Braga, instalación na que a delegación monfortina fixo a acreditación e onde se centralizará toda a loxistica dos xogos (secretariado técnico, comidas e ceas dos participantes, animación, comités de competición, etc.).
Hoxe luns día 8 comeza a competición para as modalidades deportivas de equipo, nas que Concello de Monforte participa en fútbol 7 e voleibol, e as modalidades individuais de atletismo pista, atletismo en ruta e natación terán lugar o martes día 9.
A ceremonia de apertura dos xogos, á que asistirán o Alcalde José Tomé e o Concelleiro de Deportes José Manuel Mougán, terá lugar hoxe luns pola tarde e consistirá nun desfile de tódolos participantes entre a Praza da República e a Praza do Municipio que terá lugar a partir das 16:30 h. (hora portuguesa). Esta ceremonia, onde ademáis terán lugar diversos actos protocolarios propios da inauguración, estará animada polos Romanos de Braga, o Grupo de Gaitas da Deputación de Lugo, os Caretos de Braganca, o Grupo de Bombos Equipa Espiral de Braga e os Xigantóns e Cabezudos de Viana.
Se achegan a continuación os calendarios de cada unha das modalidades deportivas que forman parte dos XIII Xogos do Eixo Atlántico:
Toda la información en este enlace