Monforte de Lemos, 3 de abril de 2019. O Concello de Monforte segue adiante cos seus plans para mellorar diferentes rúas da cidade, desta volta, estanse a realizar actuacións nas rúas Abeledos, Corredoira (tramo 1 e 2), Veiguiña (inclúe o tramo inicial da rúa Santiago), Ferrol, San Lázaro e o acceso ás vivendas da Pinguela.
Estas 6 rúas contarán cunha nova capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor. O investimento desta actuación ascende a 114.902,81 euros e está sendo desenvolvida pola empresa Taboada e Ramos.
No seu día, o Alcalde, José Tomé Roca, presentou este proxecto de mellora das 6 rúas indicadas co compromiso de acometer obras “en zonas que levaban moito tempo sen que se fixera nelas actuación algunha, porque os veciños que viven nestas zonas da cidade tamén teñen dereito a disfrutar das actuacións de mellora que vimos realizando dende o Concello”.
Ademais, aproveitando o inicio das obras estase mellorando a accesibilidade nestas 6 rúas, contribuíndo así a dotalas duns servizos máis completos para todos os cidadáns.
Deste xeito, con estas obras de mellora mellóranse 3 barrios da cidade, como son a zona do Hospital, o entorno da Veiguiña, e a zona de San Lázaro-Pinguela. Ademais, consíguese que na contorna das rúas Ourense e Cobas queden arranxadas todas as travesías que nacen ou desembocan nelas. Co arranxo da rúa San Lázaro e do acceso ás vivendas da Pinguela, que inclúe o estacionamento e a pista posterior ós edificios, tamén se lle da un tratamento completo a esa zona da cidade.
Traballos de mellora nas 6 rúas
Salvo as rúas Abeledos, o tramo primeiro da rúa Ferrol e o vial de acceso e o aparcamiento na Pinguela, non se someterá a fresado previo as vías obxecto de proxecto, excepto naqueles tramos nos que a urbanización das rúas así o require por motivo de accesos a garaxes e vivendas ou encontros con outras vías.
Trátase con esta intervención de mellorar a imaxe das rúas contempladas no proxecto polo que nalgún tramo puntual, onde o pavimento existente posúa unha anchura inferior a 6 m. ampliásese a sección da rúa ata esta medida.
Os sectores a asfaltar que excedan do ámbito pavimentado existente, serán ser dotados dunha base de zahorra compactada, e unha capa de rodadura reforzada no seu espesor. Serán repostos á nova rasante os sumidoiro, pozos e arquetas que resulten dentro do ámbito de intervención definido en proxecto.
A continuación, a estas 6 vías dotaráselles dunha nova capa de rodadura de 5 cm de espesor. Coidarase especialmente o encontro da nova capa de rodadura cos bordillos de beirarrúa existentes, bandas de aparcamiento de hormigón e bordillos rebaixados de acceso a garaxes. Ademais, garantirase o axeitado drenaxe das augas que circulen pola calzada.
Utilizarase para a súa construción M.B.C. tipo AC-12 surf 50/70, cun espesor medio estimado de 5 cm, en todos os viais. A mestura é de tipo formigón bituminoso que se empregará e aplicará en capa de rodadura. A capa de rodadura estará constituída por unha mestura bituminosa en quente de tipo semidenso.
Do mesmo xeito, repoñeranse todos os pasos peonís e as sinalizacións horizontais existentes ademais dos de nova execución que se definan en proxecto, e manteranse as dimensións dos pasos de cebra preexistentes, procedendo de novo ó seu pintado.