Exposición “Y ADEMÁS DIBUJAN” Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro do 4 ó 29 de novembro de 2024
Exposición de debuxos realizados por nenos e nenas españoles refuxiados en colonias durante a Guerra Civil. A exposición cun gran valor humano e sentimental, ten un gran interese para a divulgación histórica. Os 48 traballos que conforman a mostra renden homenaxe ós nenos e ás nenas que sobre sinxelos papeis fixeron os seus debuxos, así como ós homes e mulleres que tomaron a iniciativa de socorrer ás nenas e os nenos españois que sufriron unha cruenta e inxusta guerra, coa tristeza engadida da separación das súas familias.
Con esta exposición ponse en valor un episodio que nunca debeu producirse e que, como tantas veces, tivo protagonistas aos nenos. Protagonistas dun sufrimento inxusto e innecesario nos que eles son sempre os máis vulnerables en calquera contexto bélico.
A inauguración terá lugar o luns 4 de novembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:30h, coa participación de Vladimir Merino Barrera comisario da mostra.