Documentación

Documentacion de UAD

Programa Saúde na Escola

Desde a Unidade Asistencial de Drogodependencias colabórase co programa Saúde na escola. Un programa de prevención do consumo de drogas na escola dirixido @s escolares de educación infantil e primaria e @s respectiv@s titor@s. O programa consta dun cartafol para o profesor e un caderno para cada alumno das etapas de ensino infantil e ensinanza primaria obrigatoria, ademais conta cun cómic para distribuír entre @s escolares de 6º de primaria. Os materiais que ofrecemos son editados pola Xunta de Galicia para traballar na escola e institutos (existen específicos para Educación Infantil, EPO, ESO e BAC). Desde a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) prestamos a axuda necesaria para o traballo na clase, cando é necesario. Todos os materiais referenciados pódense descargar nos seguintes enlaces.

CONSULTA E DESCARGA: