Violencia de xénero

Na Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller de Nacións Unidas pode lerse que a violencia contra a muller é: "Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como persoal". A violencia de xénero é calquera agresión física, psicolóxica ou económica dirixida en contra das mulleres polo feito de ser mulleres.

Referímonos aos malos tratos no ámbito doméstico cando esta violencia é exercida polo marido, parella, noivo ou calquera outra persoa coa que a muller ten relación de parentesco ou afectividade, e ten como resultado para ela un dano ou sufrimento psicolóxico, sexual ou físico. Os malos tratos son un camiño sen retorno, onde as relacións violentas non aparecen accidentalmente nin de xeito imprevisto. Os abusos e chantaxes emocionais poden ser o inicio dun longo proceso cíclico que pode acabar coa morte.

rostro mujer

 

 Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero

 Lei 11/2007 de Galicia, de 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da Violencia de Xénero

A través do CIM o Concello de Monforte de Lemos creou unha Mesa de Coordinación para a mellora na atención a vítimas de violencia de xénero. O seu obxectivo é:

  • Garantir, fomentar e implementar accións e fórmulas preventivas 
  • Unha atención integral e de calidade para as vítimas 

 Documento de constitución da Mesa de Coordinacion.pdf

 

Tipos de Violencia de Xénero

Se na túa relación de parella existen algúns destes comportamentos, estás vivindo unha relación de control e poder, é dicir, violenta:

  • Violencia Física

  • Violencia Psicolóxica: ignora a túa presenza; merma a túa estima, insultándote, descualificándote, gritándoche, facéndoche comentarios degradantes e fóra de ton; cúlpabilízate de calquera problema, non respecta a túa opinión e impón sempre a del, ameázate e coacciónate, ...
  • Violencia Social: Íllate da túa contorna social, contrólache as relacións familiares e de amizade, controla e critica a túa forma de vestir, contrólache as chamadas e todas as actividades, humíllate e ponte en evidencia públicamente.
  • Violencia Económica: non deixa que controles os recursos da economía familiar, limítache o diñeiro, entrégache cantidades insuficientes para o mantemento da familia, cúlpate de non saber administrar ben os cartos, impídeche que traballes para que teñas independencia económica, se traballas, contrólache o que gañas.
  • Violencia Sexual: obrígate a manter calquera tipo de contacto ou relación sexual, responsabilízate dos embarazos e de enfermidades de transmisión sexual, impídeche exercer a túa sexualidade libremente, acósate con insinuacións sexuais incomodándote, ...

 

RECOMENDACIÖNS ANTE AGRESIÓNSviolencia en contra de la mujer

Intentar manter a calma e a cabeza fría, segue estes consellos:

  • Ten sempre a man un teléfono de emerxencia ou da policía.
  • Acude a un Centro Sanitario no caso de calquera manifestación de violencia física ou sexual e pide un parte de lesións.
  • Se tes dúbidas acude ao Centro de Información á Muller para que te asesore en todo o proceso.
  • Presenta unha denuncia ante a Policía Nacional. Contan, para axudarte, coa Unidade de Familia e Muller (UFAM)
  • É importante que desde o primeiro momento solicites a asistencia dun/ha letrad@ de Violencia de Xénero.
  • Trata de contar os feitos do modo máis claro e realista posible, dando todos os datos do agresor para facilitar a súa identificación.
  • No caso de maltrato físico presenta copia do parte de lesións.
  • En caso de perigo, solicita Orde de protección, que será tramitada cun xuizo rápido.
  • Se te vas de casa leva a documentación tanto túa coma dos teus fill@s (DNI ou pasaporte, cartilla sanitaria, permiso de conducir, libro de familia, documentos bancarios, permiso de traballo no caso de non ser española, escrituras...) e obxectos persoais básicos.

No caso de violencia sexual debes ter en conta:

  • Acudir a un centro sanitario en canto sexa posible.
  • Non te laves nin te cambies de roupa ata despois do recoñecemento médico e da denuncia. Lembra que pode haber moitas probas que serán necesarias na investigación e na denuncia.
  • Pode que pases por diferentes fases: fase de atordamento e confusión, fase de introversión e recollemento onde tratarás de esquecer o sucedido. Por eso é importante que busques axuda psicolóxica especializada.

 

ONDE ACUDIR EN CASO DE VIOLENCIA DE XÉNERO. RECURSOS E SERVIZOS016

Teléfono violencia de xénero: 016 

Teléfono 24 horas: 900400273

Consulta Xurídica on-line: http://igualdade.xunta.gal                                      

Centro Municipal de Información á Muller: 982 416 350

Teléfono de Emerxencia: 112 

Teléfono de Emerxencia Sanitaria: 061

Teléfono de Emerxencia da Garda Civil: 062

Teléfono de Emerxencia da Policía Nacional: 091

Recursos Xerais

Policía Nacional: 982 402 245

Xulgado de Primera Instancia e Instrución Nº 1: 982 889 371 Nº 2: 982 889 384

Fiscalía: 982 889 395

Rexistro Civil: 982 889 389

Colexio de Avogad@s de Lugo: 982 221 997