O obxectivo fundamental deste estudo foi levar a cabo un diagnóstico do uso e impacto da tecnoloxía na adolescencia. Estudáronse os hábitos de uso da internet, as redes sociais, o consumo de videoxogos e o xogo en liña, así como diferentes prácticas de risco (como o sexting ou o contacto con descoñecidos), informando ademais o grao de supervisión parental.
Analízanse tamén as motivacións, crenzas e expectativas relacionadas co uso das pantallas, xa que só a través da opinión das e os adolescentes é posible entender o espazo que a tecnoloxía ocupa nas súas vidas. Por último, este estudo constitúe unha magnífica oportunidade para actualizar as taxas tanto de acoso escolar como de ciberacoso do territorio nacional.
Informe estatal Impacto da tecnoloxía na adolescencia