O Servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Monforte de Lemos coordina un ano máis o programa:
" TI SERVES, TI DECIDES"
Servizo responsable de alcohol.
Trátase dun programa da FEBE (Federación Española de Bebidas Espirituosas), en colaboración co PND (Plan Nacional sobre Drogas) e co PGSD (Plan de Galicia sobre Drogas) que ten como obxectivo difundir entre todos aqueles futuros profesionais de hostalaría, que venderán e servirán bebidas alcohólicas, unha serie de coñecementos e ferramentas sobre o alcohol, o seu servizo e a súa venda, que axuden a crear un ocio máis saudable e de calidade.
Este programa de servizo responsable de alcohol levarase a cabo na Escola de Hostalaría Belarmino Fernández, en Rosende, o día 27 de novembro de 2021.
Nas sesións fórmase os futuros hostaleiros a cerca do servizo responsable de bebidas alcohólicas, coñecementos sobre alcohol, lexislación, métodos de servizo de bebidas que reducen os problemas, o beneficio de aplicar o programa no seu negocio e outras cuestións de interese para eles.
Para impartir estas sesións desprazouse dende Madrid, como en anos anteriores, JACOBO PEÑA, responsable de formación da FEBE.
Dende a UAD agradecemos a colaboración prestada tanto da FEBE como da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández pola axuda desinteresada que realizan para poder alcanzar o obxectivo de fomentar un ocio de calidade evitando consumos indebidos de alcohol.
Lugar de celebración:
ESCUELA DE HOSTELERIA BELARMINO FERNANDEZ IGLESIAS
(ROSENDE)
27 DE NOVEMBRO DE 2021
Para mais información:
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
(SERVIZO DE PREVENCIÓN)
PERSONA DE CONTACTO:
LUISA ASTRAY GARCIA
Tlf: 982 400495