Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable forma parte deste cometido.
Primeiro verán pospandemia, relaxación colectiva e alcol; a recuperación das tradicionais festas e celebracións, unha combinación explosiva este verán, tanto para os mozos como para os adultos.
Dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte queremos alertar do alto risco de consumo de alcol durante as vacacións por parte de adolescentes e xóvenes, e asimesmo dos adultos.
Lembrando sempre que:
OS MENORES NIN UNHA PINGA DE ALCOL e os adultos con moderación.
Para lograr o noso obxectivo se repartirán carteis e dipticos por farmacias, establecementos sanitarios e outros lugares públicos cunha serie de “Recomendacións para que o consumo de alcol en verán” sexa algo para gozar e non nos carrexe ningún problema.
Para mais información:
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
Servizo de Prevención
Praza da Estación – 17
27400 – Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Facebook:
Unidad Asistencial de Drogodependencias Monforte de Lemos