O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. OUTUBRO 2021

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR do mes de Outubro 2021

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"INFORMACIÓN SOBRE OS XOGOS DE APOSTAS"

Que son os xogos de apostas?

Os xogos de apostas son todos aqueles en os que se arrisca algo valioso (diñeiro, bens materiais, etc.) crendo que o xogo (por exemplo, un evento deportivo, unha carta, ou unha cor e número) vai ter un resultado determinado (por exemplo, que gañe un equipo e non outro, que salga unha escaleira de cor, ou que salga vermello e impar na ruleta). Se se acerta e ocorre o que estimaramos, obterase unha ganancia superior ao que arriscamos. Con todo, se nos equivocamos, perderase o apostado.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.