O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Xuño 2024

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR XUÑO 2024

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

 

“QUE FACER CANDO O TEU FILLO DE 9 ANOS VIU PORNOGRAFÍA: "Todo comezou cando un amigo me dixo que buscara a palabra 'tetas'"

A pornografía, advirten os expertos, acelera o desenvolvemento sexual dos menores, a súa sensibilidade á emoción e a busca do pracer.

Un de cada dez nenos accede á pornografía antes dos dez anos.

Concienciar aos adolescentes sobre os perigos da pornografía é crucial para axudarlles a desenvolver unha comprensión saudable da sexualidade e a tomar decisións informadas.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

 

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación - 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail:  uad@concellodemonforte.com