O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. XANEIRO 2024

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. XANEIRO 2024

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

PROPÓSITOS DE ANINOVO. COMO PLANIFICALOS E CUMPRILOS

A medida que o reloxo marca a medianoite do 31 de decembro, millóns de persoas en todo o mundo énchense de esperanza e determinación, prometéndose a si mesmas que este será o ano en que finalmente cumprirán os seus propósitos de aninovo. Con todo, estatísticas sorprendentes revelan que máis do 80% destas persoas abandonan as súas metas antes de febreiro.

Este ano, cambia a estatística e converte os teus desexos en realidade.

 

Estas propostas que che presentamos neste boletín poden servirvos tanto a vós, adultos, como para axudar aos vosos fillos/as a que cumpran os seus propios propositos para o novo ano.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación - 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail:  uad@concellodemonforte.com