Praza de Abastos de Monforte de Lemos

A Praza de Abastos de Monforte, conta cunhas instalacións modernas e creativas que permiten descubrir e desfrutar o que a Terra de Lemos e os seus habitantes poden ofrecer, un mercado de Abastos cun estilo propio, un escaparate dos nosos produtos e dos nosos excelentes comerciantes locais.

Produtos frescos e de altísima calidade, unha variada oferta de ocio e trato personalizado, son algúns dos principais atractivos que ofrecen estes mercados aos consumidores locais e ao turismo gastronómico, tan en auxe.

Có obxectivo de definir un espazo comercial, gastronómico e lúdico atractivo para os habitantes de Monforte de Lemos, e tamén para o turismo, o edificio está dividido en tres áreas diferenciadas, pero á vez complementarias: Mercado do día, Mercados temáticos e Espazo Gastronómico, todo elo có obxectivo de unir tradición e innovación.

RÚA BAILÉN, S/N. 27400. MONFORTE DE LEMOS. LUGO.

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO: 09:00 A 14:30 DE LUNS A DOMINGO

ENTREGAS A DOMICILIO