A Feira Medieval de Monforte celébrase a fin de semana de Semana Santa. Neste 2024 chega á súa XX edición. Esta cita turística de referencia atrae durante dous días a centos de persoas que pasean as rúas e prazas da zona vella vestidas de época e participan das diferentes actividades. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e sucéndese os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais….
Este ano a Feira terá lugar os días 30 e 31 de marzo.
Prazos e requisitos de inscrición
As bases recollen o procedemento de solicitude, documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos, a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.
Segundo se especifican nas citadas bases, o 15 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 1 de marzo publicarase na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es) a listaxe de admitidos e admitidas, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.
A organización da XX Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: gastronomía, artesanía e comercio. E, do mesmo xeito, darase prioridade ás solicitudes de vendedores e vendedoras de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesán ou artesana.
O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.
No transcurso da Feira Medieval, o horario de apertura dos postos inscritos será ás 10:00 horas e o peche dos mesmos será entre as 21:00 e 23:00 horas,
Na Sede Electrónica da entidade (sede.monfortedelemos.es) pódese realizar a inscrición on line. Para elo deberá de dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico. O procedemento de inscrición atópase na área de Tramitación (modalidade: Cultura).
Máis información na Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello (Casitas da Compañía), nos teléfonos: 698181551 e 982884775 e no correo: feiramedieval@concellodemonforte.com
Documentos de interese:
Lista definitiva de admitidos XX Feira Medieval 2024
Bases participación XX Feira Medieval Monforte 2024
Regulamento XX Feira Medieval Monforte 2024
Solicitude participación XX Feira Medieval Monforte 2024
O Concello de Monforte programa dentro da XX Feira Medieval do 2024 estes concursos:
- -IX CONCURSO DE DECORACIÓN DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E HOSTALEIROS
- -VIII CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS
- -XI CONCURSO DE TRAXES MEDIEVAIS
Os prazos para realizar a solicitude de participación nestes concursos é do 1 ó 26 de marzo no rexistro xeral do Concello.
Arquivos de descarga:
Inscrición concursos XX Feira Medieval
Bases XI concurso de traxes medievais 2024
Bases IX concurso de decoración establecementos comerciais e hosteleiros 2024
Bases VIII concurso de decoración de balcóns 2024
Concurso de Axudas para a confección de traxes medievais