20 de xuño de 2018. O Concello saca a concurso o servizo de limpeza dos edificios municipais; unha actuación coa que se da un paso importante na normalización dos contratos. Así o anunciou o Alcalde, José Tomé, acompañado da Tenente Alcalde, Gloria Prada. O orzamento de licitación ascende a 324.000 euros para un contrato de 2 anos, prorrogable outros dous máis. As empresas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 26 de xullo.
O mandatario local detallou que para o concurso establécense 3 lotes:
Nº LOTE |
EDIFICIO |
IMPORTE |
Lote 1 |
Casa do Concello |
134.000 |
Casa da Cultura |
||
Edificio das Casitas |
||
Centro Cívico |
||
Lote 2 |
Colexio A Gándara |
120.000 |
Colexio Infanta Elena |
||
Colexio Novo |
||
Lote 3 |
Edificio Expolemos |
70.000 |
Edificio Multiusos |
||
Nave de Servizos |
||
Aseos nave Mercado |
||
Praza de Abastos |
Por outra parte, José Tomé, sinalou que o novo contrato inclúe melloras moi salientables: “para este Equipo de Goberno son moi importantes as condicións de carácter social e ético, o que se pode denominar cláusulas sociais”.
Nese senso, o rexedor detallou que “as empresas que resulten condenadas por sentenzas firmes nos últimos 5 anos por vulneración grave dos dereitos dos traballadores, non poderán concorrer á licitación. Por outra parte, establécese un novo réxime sancionador por incumprimento das condicións laborais, así como a obrigatoriedade de subrogación do persoal existente na actualidade, que son 10 traballadores”.
O contrato establece ademais que as empresas que apliquen un convenio colectivo con condicións menos favorables que as do convenio xeral do sector, tampouco van poder optar á oferta.
Cómpre destacar que os licitadores poderán ofertar a un ou a varios lotes, pero só poderán ser adxudicatarios dun: “o obxectivo é diversificar e evitar a creación de monopolios”, detallou José Tomé. Segundo as previsións, o novo contrato podería estar adxudicado a principios de setembro.
Máis tarefas de limpeza
O novo contrato inclúe melloras importantes no que se refire ó número de tarefas como á súa frecuencia. Por exemplo, no caso do Concello, inclúese a limpeza do garaxe ou do arquivo municipal; e na Casa da Cultura e no Edificio Multiusos contemplase tamén o lavado de butacas e doutras unidades, algo que ata o de agora non se viñan facendo.
Polo que respecta ó Centro Cívico, incorpóranse novas tarefas de limpeza no salón de actos e nas zonas de paso. Tamén se definen as tarefas que hai que realizar no ximnasio, nos vestiarios e na sala de reunións.
Hai que resaltar que, no caso dos colexios, quedan especificados os traballos a realizar por dependencia, algo que ata o de agora non se contemplaba.
Con este novo contrato, o Concello de Monforte incrementa en algo máis de 4.000 euros anuais o investimento destinado a este servizo. Ata o de agora, o custe anual era de 157.900 euros, aproximadamente, e co novo contrato ascende a 162.000 euros.
Declaracións do Alcalde sobre os contratos de limpeza.mp3