Todo preparado para a celebración da XXI edición da Feira Medieval de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, 18 de abril de 2025.  O pasado día 5 de abril o Alcalde ofreceu ás 11:30 horas, unha rolda de prensa aos medios de comunicación, para presentar o Programa oficial de actividades da Feira Medieval 2025.

José Tomé resaltou que “por fin, neste ano 2025 alcanzamos a edición número 21, e a pesar de ter solicitada a declaración de Feira de Interese Turístico Galego, non temos noticias da Xunta ata o momento de se foi recoñecida ou non, pero para min o máis importante é que sexa positiva, aínda que tarde algún mes máis.”.

Programa da XXI Feira Medieval 2025 e principais novidades

1.- Eixos centrais do Programa da XXI Feira Medieval

Sábado 19 ás 12 horas:

-Saúda do Alcalde para declarar aberta a XXI Feira Medieval de 2025 de Monforte acompañado duns pregoeiros que desenvolverán un espectáculo no que informarán aos presentes do que acontecerá a fin de semana na cidade de Monforte .

-Tras o saúda do Alcalde,  haberá unha salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, para dar inicio oficial á Feira.

A partir dese momento desenvolveranse multitude de actividades en distintas ubicacións do recinto da Feira Medieval

- Actividades centrais da Feira:

  • Campamento Medieval da Praza de España.
  • Programación infantil que terá lugar no Campamento infantil Medieval xunto ó Convento das Nais Clarisas
  • Espectáculo de aves de rapiña e cetrería
  • Xustas medievais
  • Gran Torneo Medieval
  • Espectáculos de lume
  • Actividades de rúa
  • Espectáculos nocturnos ideados para a Praza Luis de Góngora e para o Campo de San Antonio.
  • Resolución dos diferentes concursos convocados polo Concello para esta Feira: Traxes medievais, Decoración de balcóns, e de establecementos comerciais e hostaleiros, ó igual que o ano pasado, celebrarase o domingo ás 7 da tarde na praza de España, por operatividade da Feira.

2.-NOVIDADES DA XXI EDICIÓN DA FEIRA MEDIEVAL EN CANTO A ESPECTÁCULOS:

SÁBADO 19

1.  O GRAN DRAGÓN  (que aparece frecuentemente na mitoloxía europea e que son frecuentes nas historias e lendas medievais) QUE sairá dende a praza de España polas rúas da Feira, o sábado e o domingo ás 8 da tarde.

2.  ERRANTES, que tamén desfilará dende a Praza de España polas rúas da feira con seres saídos da escuridade dos tempos

3.  Ás 20:45h haberá un concerto a cargo do grupo de música medieval GRIMORIUM, na praza de España.

4.  E na noite do sábado na Praza Luis de Góngora, haberá unha actuación, o espectáculo LÚA que ven por primeira vez este ano, cunha interpretación musical de Tamara Pérez que descenderá en grúa dende as alturas creando unha atmósfera de maxia coa súa voz e a danza que interpreta, previa á tirada de fogos de artificio.

DOMINGO 20

•   O domingo, ademáis de aumentar os grupos musicais que animan as rúas pasando de 4 grupos do ano pasado a 7 grupos neste ano, haberá dous grandes espectáculos:

1.  O GRAN DRAGÓN, que desfilará dende a praza de España polas rúas da Feira ás 8 da tarde e

2.  SUAREN BATAILA, un espectáculo de teatralización, malabares, pirotecnia e lume que actuará na Praza de S. Antonio ás 21:00 horas.

José Tomé resaltou que “por fin, neste ano 2025 alcanzamos a edición número 21, e a pesar de ter solicitada a declaración de Feira de Interese Turístico Galego, non temos noticias da Xunta ata o momento de se foi recoñecida ou non, pero para min o máis importante é que sexa positiva, aínda que tarde algún mes máis.”.

En canto o orzamento para a organización da Feira Medieval, o deste ano é o máis alto da historia, pasando de 41.127,17 euros no ano 2015, en que chegou o Alcalde ó goberno do Concello, a mais de 108.000 euros que se destinan neste ano 2025, concretamente 108.351,99 €, cun incremento de case 67.000 euros dende 2015, é dicir, case un 163% máis.

José Tomé quere lembrar que “hai motivos dabondo para visitar Monforte, así que os días 19 e 20 de abril esperamos que todos os monfortinos se impliquen na celebración da Feira Medieval e tamén esperamos que sexan moitas as persoas que nos visiten dende o resto de Galicia e do resto do Estado, ós que convidamos a compartir con nós este evento que chega ás 21 edicións inenterrumpidas”.