-O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó primeiro semestre deste ano 2025, cunha nova actuación este xoves 10 de abril no Edificio Multiusos a partir das 20:15 horas.
-Con esta obra, rematan as representacións de teatro profesional adulto da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2025 na nosa cidade.
-O prezo da entrada xeral para esta representación será de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.
Monforte de Lemos, 8 de abril de 2025. O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó primeiro trimestre deste ano 2025, cunha nova actuación este xoves 10 de abril no Edificio Multiusos a partir das 20:15 horas coa que rematan as representacións de teatro profesional adulto da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre de 2025.
Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, terá lugar a posta en escena da obra, Mulleres que viven solas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula Carballeira a partir de textos de Xiana Arias, María da Pontragha e Vero Rilo, dirixida por Chiqui Pereira e Nuria Sanz e interpretada por:
PAULA CARBALLEIRA, recoñecida actriz, narradora e dramaturga. Como actriz participou en vairas series da TVG e colabora habitualmente como dramaturga con compañías como Chévere, A Panadaría ou Culturactiva. Ven de ser recoñecida co Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 pola súa peza "As Alumnas".
MARÍA DA PONTRAGHA Educadora e antropóloga, ás veces conta historias. Sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música como a través da propia palabra. Como contadora, trata de dar continuidade á nosa herdanza cultural e lingüística para que sigan aflorando nas xeracións vindeiras.
VERO RILO Leva participado nun feixe de proxectos fóra e dentro do país. Destaca Daboapipa, co acordeonista Santi Prieto. Pouco despois chega Historias de vida, guerra, amor e case morte, Lavandeiras, Rilo&Penadique, Divas de diván, ou Apatacón con Faia Díaz, vocalista de De Vacas.
Sinopse
Mulleres que viven soas, protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas.
Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do panorama actual. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción