Monforte de Lemos, 27 de febreiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer os gañadores do Xoves de Comadres, continuando así as actividades programadas arredor do Entroido 2025.
Para o concurso do Xoves de Compadres, a Concellería de Cultura de Monforte levou a cabo tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursou na Praza de España.
En concreto, estes foron o número de participantes anotados:
- Barrios Colectivos: participaron 7 asociacións cun total de 35 comadres
- Barrios individual: 8 participantes con 16 comadres en total
- Centros de ensino colectivo: 2 centros
- Centros de ensino individual: 3 centros
- Plaza de España individual: 5
Cabe recordar que para esta edición de 2025, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 4.000 €, alcanzando os 25.000€, que é un 19% máis que en 2024 (21.000€) e un 39% máis que en 2023 (+7.000€, 18.000€).
Para o Xoves de Compadres destináronse 2.000€ en premios, 100€ máis que en 2024. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salientou o Alcalde, José Tomé Roca.
Tras a comunicación dos gañadores, levouse a cabo a queima do Compadre oficial, que como todos os anos foi elaborado pola asociación Albores.
PREMIOS XOVES COMADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2025:
-Crítica social- A intelixencia artificial humanoide chegou para quedarse, Asociación Agora, 150 €.
-Barrios colectivo:
Accésit - A princesa por o Cabe, Asoc. Veciños Barrio de Cobas, 75 €
Accésit - Queremos playa, MªMatilda Corral-Peluquería Internacional, 75 €
Accésit - Camiño de Inverno en Outeiro, Mª Luz Prieto Rodríguez (Moreda), 75 €
2º - A intelixencia artificial humanoide chegou para quedarse, Asociación Agora, 120 €
2º- Exipto, Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer Monforte AFAMON, 120 €
1º - Adios Franco, hola libertad, San Julian de Tor, 150 €
-Barrios individual (ata 3 compadres):
Accésit - As faraonas, Geriatros Domus Monforte 50 €
Accésit - Fisio multitarefa, Patricia Prieto Díaz, 50 €
Accésit - As concelleiras pandereteiras, Silvia García Vázquez, San Juan de Tor, 50 €
2º - Lavandeira no rego esparracha, Miguel Somoza González (Guntín), 75 €
1º - Las obras sin fin, Asociación Agora-Centro día, 100 €
-Praza de España individual
Accésit - La muñeca del juego del Calamar, Adelina Deus González, 50 €
Accésit - El río Cabe guía a Moana, Mª del Carmen Toyos Fontenla, 50 €
Accésit - A cantante do Cabe, Anxo Rodríguez-Sandra Losada Rodríguez, 50 €
2º - Polo san Blas, a cegoña verás, Leo Salgueiro Blanco, 75 €
1º - A vendimiadora do Cabe, Rodrigo Martínez-Sonia Faria, 100 €
-Centros ensino colectivo (Máis de 3 compadres)
2º - As casiñas de Rosalía, CEIP Monforte, 120 €.
1º - Unha vida entre teas: grazas Fildar, Colexio Ferroviario, 150 €.
-Centros ensino individual
2º - Ansiedad, Colexio Torre de Lemos, 75 €
1º- Reciclada, ANPA Colexio Escolapios, 100 €