Monforte de Lemos, 7 de abril de 2025. O Concello de Monforte informa ós veciños tras recibir algunhas queixas de veciños tanto no Concello como na empresa concesionaria do servizo de auga, da posibilidade de que haxa persoas facendo controis do estado da calidade da auga polas casas.
Dende o Concello, infórmase que non se está facendo ningún tipo de control ou análise destas características en relación coa auga, nin por parte de persoal do Concello de Monforte nin por parte da empresa Aqualia.
Polo tanto, trasladámoslles ós veciños que teñan precaución.