Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2025. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañada por membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal, persoal do Concello e veciños e veciñas da cidade, sumáronse este martes 11 de marzo ás 12 horas, na praza do Campo de San Antonio, ó minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para conmemorar o Día Europeo en Memoria das Vítimas de Terrorismo.
Esta é unha data na que se recordan especialmente en España os terribles atentados do 11 de marzo de 2004, que costaron a vida a 193 persoas en Madrid.
Por este motivo, e en memoria de todas as vítimas do terrorismo e dos falecidos naqueles dramáticos sucesos, celebrouse este minuto de silencio, como mostra do recordo solidario coas vítimas dos atentados e as súas familias e amigos.