Dende o Concello de Monforte, informamos da interrupción do suministro de auga durante este mércores día 9 de abril na marxe dereita da rúa Juan Montes .

Monforte de Lemos, 8 de abril de 2025. Dende o Concello de Monforte informamos da interrupción do suministro de auga durante este mércores día 9 de abril pola necesidade de efectuar traballos derivados da obra de supresión dos pasos a nivel.

A zona afectada polo citado corte, sitúase na marxe dereita da Rúa Juan Montes afectando dende o nº 18 ata o nº 48 e os traballos realizaranse de 8:30 h ás 14:30 h.

Unha vez rematados os traballos, procederase ó restablecemento do suministro de auga con normalidade.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas actuacións poidan ocasionar.