Monforte de Lemos, 7 de marzo de 2025. O Concello de Monforte programa para este domingo 7 de marzo na Casa da Cultura ás 18:00 horas, o espectáculo de maxia A igualdade non ten truco, da compañía Magia en la manga, dirixida a público familiar, cunha duración de 60 minutos, e ten entrada gratuíta.
A obra enmárcase dentro do programa de actos do 8M Día Internacional da Muller, organizado pola Concellería de Muller e Igualdade e o CIM, en colaboración coa Concellería de Cultura.
Neste espectáculo divertido e máxico para todos os públicos que transmite ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual: promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.
O dúo conformado pola maga Sara Rodríguez e o mago Carlos Tomico realizarán misterios e imposibles que ademais nos levarán por diferentes ideas e conceptos do feminismo e da igualdade de xénero.
Viaxes e transformacións inexplicables, un conto de fadas reinventado, ou unha volta atrás no tempo á época das primeiras e máis importantes magas; son algúns exemplos que poderemos ver neste espectáculo cheo de sorpresas ata o final, onde nada é o que parece.
En definitiva unha aventura máxica para toda a familia na que descubriremos que, efectivamente, a igualdade de xénero non ten truco ningún.