O Concello de Monforte dará inicio mañá 20 de febreiro ó Entroido 2025 coa celebración do Xoves de Compadres

Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2025. Mañá xoves 20 de febreiro, o Concello de Monforte iniciará as actividades programadas arredor do Entroido 2025, coa celebración do Xoves de Compadres.

Cabe recordar que para esta edición de 2025, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 4.000 €, alcanzando os 25.000€, que é un 19% máis que en 2024 (21.000€) e un 39% máis que en 2023 (+7.000€, 18.000€). “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.  

Trátase da partida económica máis alta destinada polo Goberno de José Tomé  para os premios dos diferentes concursos do Entroido. “Incrementamos os importes en todas as categorías, e especialmente os premios ás Carrozas e ás Comparsas do Martes de Entroido”, subliña o rexedor monfortino, quen anima “a todos os monfortinos e monfortinas a participar nos diferentes concursos de Entroido que convocamos”.

Concurso do Xoves de Compadres

Para o concurso do Xoves de Compadres, a Concellería de Cultura de Monforte levou a cabo tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España o propio xoves día 1.

Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

Os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes, tendo unha partida máxima de 2.000€:

Individuais:

1º premio: 100 euros

2º premio: 75 euros

Accésit: 50 euros

Colectivos:

1º premio: 150 euros

2º premio: 120 euros

Accésit: 75 euros

Outros premios:

-Premio á etnografía: 150 euros

-Premio á crítica social: 150 euros

Mañá xoves 20 de febreiro, desenvolverase o concurso de Compadres, nas distintas categorías descritas. A partir das 17:30 h., na praza de España de Monforte terá lugar a concentración de Compadres, a comunicación dos gañadores e gañadoras co concurso, e a queima dos monecos do Compadre oficial.

Consulta todos os participantes en:

Participantes Xoves de Compadres Monforte 19-02-2025