Dende o Concello de Monforte informamos do dispositivo especial de tráfico para mañá día 27 de abril pola celebración da XV Carreira Popular 2025.

Monforte de Lemos, 26 de abril 2025. Mañá, domingo 27 de abril, ás 11:00 horas, celebrarase a “XV Carreira Popular Concello de Monforte 2025” con seis categorías diferentes de competición: Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e cadete e Absoluta.

-O evento organizado polo Concello, a través da Concellería de Deportes, contará cunha carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, e catro probas de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios.

-A organización deste evento implica a alteración do trafico nalgunha das rúas polas que circula a carreira, feito polo que o Concello de Monforte pide a comprensión de tódolos veciños e veciñas. O tráfico verase afectado do seguinte xeito:

-Entre as 10:15 e as 13:45 h. estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:

• R/ Compañía dende a Praza Ponte Fontecha

• Paseo de Lugo entre Dalmiro de la Válgoma e Duquesa de Alba

• Dalmiro de la Válgoma

• Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro.

-Entre as 11:45 e as 13:45 h. estarán cortadas as seguintes rúas:

• Aparcamento do Parque dos Condes

• R/ Compañía

• R/ Paseo de Lugo

• R/ Aceña Nova

• R/ Carud

• R/ Paredes

• R/ San Lázaro

• R/ Duquesa de Alba

• R/ Reboredo

• R/ Dalmiro de la Válgoma

• Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro

• R/ Sarria

• Avda. de Galicia dende o cruce con R/ Sarria ata o cruce coa R/ Ourense

• Roberto Baamonde dende R/ Conde ata o cruce coa R/ Cardenal, con desvío da circulación por R/ Otero Pedrayo.

• R/ Conde, tramo dende Oficina de Correos ata Praza do Conde.

• R/ Cardenal Rodrígo de Castro

• R/ Hortas

• Praza Dr. Goyanes

• R/ Doutor Casares dende Praza Doutor Goyanes ata cruce con Paseo do Malecón

• Paseo do Malecón

• Ponte vella

• R/ Sta. Clara dende enlace con R/ Corredoira ata R/ A. Mendez Casal

• R/ A. Méndez casal

• Praza Campo de San Antonio

• Tramo R/ Ourense entre Campo de San Antonio e Cruce con R/ Chantada

• Estacionamentos públicos da R/ Hortas e Campo de San Antonio (traseira de Gonzalo Seguros)